Chegou o día de abrir a Cápsula do Tempo. Aquela caixa que enterramos polo ano 2012 e contiña unha morea de recordos e sentimentos infantís. Aquel mausoleo dourado que tantas cartas albergou para a Fada Perella e tantas alegrías nos proporcionou, sobre todo no Nadal,tiña que ser invadido para poder lograr o obxectivo.
Xuntámonos na aula de 1º todos aqueles que pertencemos a esa historia e aínda estamos no cole, e procedemos á extracción.
Montaxe realizada con BeFunky.
Vaia sorpresa que nos levamos!!!! O noso xoguetón pothos decidira colar as súas raíces na cápsula e facer estragos. Si, amigos, que lástima!!!Pero lonxe de deixarnos abater polo infortunio decidimos buscarlle unha solución a tamaña continxencia. Xuntos optamos por reducir a cinzas os recordos daquel curso e enterralas nunha nova posibilidade.
Que orgullosa me sinto destes meus nenos/as que xa son os mozos doutros!!!
Que o catártico lume que arde nesta aixada purifique a memoria e os recordos!!!
Paréceme esta unha entrada axeitada para que cumprades co prometido fai anos e tamén os nenos/as de 5º están invitados a contar o que queiran.
Feliz verano. Disfruta a tope.
ResponderEliminarUn beso
Gracias, Blanca.
EliminarIgualmente.
Un beso.
Hola profe Anabel son Marcos e este ano botámoste moito de menos.😉📔📙📘📗📖📕📓.Feliz verano!!!🌞🌞🌅⛅♨♨
ResponderEliminarOla, Marcos:
EliminarAgora solo tes que pensar no estupendo verán que vas a pasar.(Pero as túas palabras emociónanme)
Feliz verán!!!!
Hola profe!!
ResponderEliminarEspero que pases un verán estupendo!(Bueno, que todos pasemos un verán estupendo).
A min este curso pasoume voando!E a ti?
P.D.: Dille á Fada Perella que a principio do curso que ven tereille unha sorpresa...
Ola, Ana: Poia amin tamén se me foi o curso pitando. Agora a pasalo ben e a desfrutar.
EliminarXa aviso eu á Fada Perella, pero despois tes que cumprir, eh?
Feliz verán!!!
Claro que o cumplirei!!
EliminarFeliz Verán a ti tamén!
Tomámosche a palabra, Ana!!!!
EliminarBo verán!!!
hola profe son Verónica,boteite de menos este ano,pero ainda así paseimo moi ben,e............................
ResponderEliminarDESEXOCHE UNHAS BOAS VACACIONS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Ola Vero: Alégrome de que fose un bo ano para ti.
EliminarEu tamén espero que disfrutes moito do verán!!!
Hola profe son Uxía!!!!
ResponderEliminarEste curso boteite mooito de menos (aínda que o pasei xenial).
Espero que o pases moi moi ben nestas vacacións que todos deseabamos que chegaran para descansar un pouquiño tras o largo curso que atravesamos .
Un bico e unha aperta moi fortes,e que o pases moi ben profe profe.
Ola Uxía: Eu tamén estiven moi a gusto este ano cos meus nenos/s pero sempre se bota de menos aos alumnos/as anteriores.
EliminarEspero que todos disfrutemos das vacacións que temos por diante; moi merecidas( en case todos os casos).
Moitos biquiños e bo verán!!!
Hola profe Anabel!!
ResponderEliminarSinto moitísimo a tardanza; pero facía moito tempo que non collía o ordenador xa que estas vacacións son moi pero que moi entretidas. Hai que aproveitar ben cada momento deste descansiño porque aséguroche que cando estemos no insti o imos a botar todos moito de menos !!!
Ao fin e ao cabo, un contrato é un contrato, e non se pode incumplir.
Eu tamén te botei moito de menos (como todos os demáis); pero fixemos moitas cousiñas divertidas todos xuntos xa que (inda que pase o tempo), a profe Anabel segue tendo as mesmas boas ideas de sempre. ;)
Como non, sigo recordando aqueles maravillosos catro anos que pasamos xuntos; sobre todo ao abrir a cápsula do tempo e ver ese "gracioso" vídeo no que aparecíamos todos gardadando un obxecto súper especial para nós, observar como eramos de pequenos e como nos comportábamos daquela foi sen duda inolvidable.
En fin, para rematar, quero desexárche un fantástico verán a ti e máis a toda a túa familia e recordárche que recarges moi ben as pilas para empezar segundo con moitas forzas xunto cos teus estudosos alumnos !! Quérote Anabel!!!
Moitos biquiños e a desfrutar deste merecidísimo descanso.
Diana.
Querida Diana:
EliminarNeste tempo que levo deambulando pola vida aprendín (xa que diso se trata) que cada cousa ten o seu tempo e que hai que aproveitar cada momento. Así é que non pasa nada porque tardaras un pouco en comentar, tes moito que vivir, o que realmente me importa é que te lembraras e ocuparas unha parte do teu tempo en recordar e escribir.
Foi un tempo marabilloso do que me encanta falar.
Espero que goces do verán a tope, que aprendas, que viaxes , que descanses, leas e bailes. Vive intensamente e se moi feliz!!!!
Moitos biquiños, guapa!!!
Recorda que a páxina de Facebook “Alumnos/as da profe Anabel” xa está creada(para cando teñas o teu perfil).