Chegou o mes de xuño e con el, o ansiado fin de curso.Un curso este que representa o final de moitas cousas, entre elas, a etapa de educación primaria. Marcharedes ao instituto deixando atrás o cole, os profes e un sinfín de actividades e xogos que vos acompañaron ao longo dos anos. Atrás quedarán as investigacións de biblioteca, as exposicións de traballos, as probas, as clases,os bailes,as actuacións, os vídeos, as excursións....tantas e tantas cousas que marcaron a vosa nenez e que teredes que despedir.
Toda despedida da paso a algo novo, a unha renovación do ser e do vivir, que é innata ao ser humano.Por iso debemos estar preparados e debemos pechar as etapas como se merecen. Sabedes que comigo tedes pendente unha cápsula do tempo enterrada a finais de 2º (xuño de 2012) e que está desexando que a abramos.Pero tamén sabedes que sempre cumpro co que prometo esixindo a mesma rigurosidade por parte do outro. Así vos fago saber que, ansío formalizar o noso trato, sempre e cando a vosa parte estea cumprida. Escribistes todos/as na entrada creada ao efecto o ano pasado como prometestes ao asinar o noso contrato?
Recordade que somos un equipo para sempre, aínda que a vida nos leve por diferentes camiños, estamos unidos para a eternidade.
Esta é a primeira condición que ten que estar cumprida para seguir adiante co pacto establecido. Para facilitarvos o traballo deixovos o enlace á entrada por se alguén aínda non escribiu.

Premede na imaxe para acceder.
Teredes novas miñas. Permanecede atentos!!!
Una actividad preciosa para contar los niños sus vivencias.
ResponderEliminarUn besico.
Gracias, Blanca.
EliminarUn biquiño.