Este ano concedéronme , por vez primeira, un curso on line de PLATEGA (Plataforma de Teleformación de Galicia).PLATEGA é unha forma de educación xurdida co desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación. O seu fundamento é aproveitar a facilidade de distribución de materiais formativos e as ferramentas de comunicación das redes informáticas para crear un contorno de ensino e aprendizaxe. Deste xeito, e mediante unha conexión á rede Internet, os usuarios poden realizar actividades interactivas, acceder aos materiais precisos para adquirir o coñecemento, recibir axuda, realizar comunicacións ou avaliar o seu progreso.
E a que ven todo este rollo? Pois ven a que, unha vez rematado Métodos innovadores na xestión da aula de primaria, gustaríame mostrarvos unha das prácticas que levei a cabo durante o curso: unha sesión de filosofía na aula arredor dunha pintura. A sesión centrámola nun lenzo de Tarsila do Amaral titulado "O pescador", que lles presentei en branco e negro.
Imaxe obtida no Baú da Tia Sonia
Aquí vos deixo a transcrición da sesión, da avaliación figuro-analóxica e dunhas actividades que xurdiron posteriormente: colorear o cadro xustificando as cores escollidas e darlle un novo título.
Grazas as miñas titoras, Mar Santiago Arca e Ana González Vidal, por todo o que me ensinaron neste curso e tamén, a quen sempre recurro cando estou atafegada.Miña pobre, sempre é a mesma!!!!
Grazas Anabel. Se precisas algo, xa sabes como contactar con nós. Un saúdo.
ResponderEliminarMoitas grazas a vós; pola dedicación, o esforzo e a paciencia.
EliminarSaudiños.
Un curso para disfrutar.
ResponderEliminarUn besico.
Si, Blanca, y para aprender.
EliminarUn bico.
Buen trabajo Anabel.Felicitaciones,
ResponderEliminarBesitos
Muchas gracias, Sandra.
EliminarBesos.
EStos cursos son muy interesantes para mejorar en la práctica docente. Parece estupendo.
ResponderEliminarun abrazo.
Tienes razón, Blanca, me resultó muy interesante y voy haciendo mis pinitos.
EliminarBesos.