Xa facía tempo que non tiñamos novas da nosa fada preferida (e da única que coñecemos ademais). Pero hai un par de semanas, Daniel e Ana escribíronlle e....tivemos a sorte de recibir resposta. Díxonos que estaba bastante atarefada facendo das "súas", que a xulgar polas comiñas non pode ser nada bo. Que lle imos facer tocounos unha fada "fedella".Tamén incluía no noso sobre unha carta para Diana, que lle escribira con anterioridade e debíalle unha resposta. Máis vale tarde que nunca!!!
Xa crin, que Perella abandoáravos para sempre. Menos mal que sempre volta ainda que sexa cunha carta. Unha aperta.
ResponderEliminarÉ que con Perella nunca sabmos a que aternos, Ana. Vai e ven como ela quere, sempre está moi ocupada.
EliminarUn bico.