Xa sabemos o día que imos celebrar o venres e, aproveitando esta data, a nosa sección semanal tráenos un vídeo musical dun peculiar cantante barcelonés. Gústame especialmente polas súas alegres melodías,as letras comprometidas e unha filosofía de vida chea de valores necesarios.
Como xa dixemos en moitas ocasións, a paz está en consonancia con moitas cousas pero é contraria a outras. Non é tan simple como paz contrario de guerra, senon que engloba moitas actitudes e comportamentos.Para conseguir unha paz conxunta e duradeira, primeiro debemos estar en paz con nós mesmos e despois desexar conseguir o mesmo estado cos demais. Eu estou convencida que na base de todo isto está o amor, porque se queres ao outro, como lastimalo?,como envexalo?,como desexarlle nada malo?

Pois iso é o que nos conta Macaco nesta canción "Love is the only way". Se o amor é o único camiño, por que non seguilo?
Eu tamén creo que é moi axeitada, Anabel e persoalmente gústame moito. Unha gran aperta.
ResponderEliminarA mín gústame moito a súa música e ademais ten mensaxe. Que máis se pode pedir?Unha morea de bicos.
Eliminar