Veredes; pensei en facer un divertido Brincaletras para repasar o vocabulario de outono e pasalo ben aprendendo; e así o fixen (bueno xa xulgaredes vós se aprendedes e resulta divertido).
O problema veu cando quixen publicalo para que o virades todos. Foi unha gran odisea!!!
Molestei a amiga Ana Martínez para preguntarlle, á profe Vane, que a súa vez falou con Belén Junquera, consultei coa teacher María..... e por fin, grazas a todas, aquí está a obra rematada.
Está publicado grazas a que Belén Junquera subiu o traballo ao seu dropbox, porque o meu (ao ser recente non ten carpeta pública e para creala teño que pagar).Cóntovos isto porque dín tantas voltas que necesito dicírvolo!!!
De todas maneiras se alguén se lle ocorre como solucionar esto, dicídemo por favor, porque pode existir unha maneira e eu non a coñezo. Grazas.
Esta moi bonito profe pero nos sabía a da Q,cal é?
ResponderEliminarGrazas, Ana.Quería utilizalo para os puntos , así que xa darei pistas no seu momento. Ok?
ResponderEliminarvale profe
ResponderEliminarPois niso quedamos. Felices vacacións!!!
ResponderEliminar