E por fin , CHEGOU A DIVERSIÓN!!! É o momento de descansar e desconectar un pouco para poder recargar ben as baterías. Nesta última entrada do curso quero ofrecervos un par de cousiñas para pechar: en primeiro lugar, unha montaxe que fixen con moito cariño e algo de pesar,para agradecervos aos meus alumnos/as todo o aportado neste tempo. Hai moitas cousas que fixemos visibles a través do blogue e que foron estupendas pero eu, permitídeme esa licenza, quero quedarme con todas aquelas que pasaron no cole ou fora, que non foron públicas , esas que quedan entre vós e eu; entre alumno/a e mestra: os xestos, as confesións, as miradas, o entusiasmo..... e un montón de situacións máis que non se mercan, vívense e séntense . Por todo isto, o meu eterno agradecemento.
En segundo lugar, cólgovos o vídeo que realizamos nos últimos días do curso. Que ninguén se fixe no acompasados que van nalgúns momentos, o mellor foi o ben que o pasamos bailando xuntos, coa profeVane e os picariños e sen dar clase, ou non? Grazas á profe por outo vídeo xenial!!!
Con el inauguramos as vacacións no blogue. Podedes escribirme por correo electrónico ou ordiario(hai quen xa o fixo), ou poñer comentarios nas entradas e na caixa, porque de cando en vez pasareime a ver se hai noticias vosas.
Gracias profe,es un recuerdo muy bonito.Como hemos cambiado todos!!
ResponderEliminarSerá difícil olvidar estos momentos tanto nosotros como nuetros papis y mamis.
Hemos hecho muchas cosas en estos cuatro años.
Un beso y que pases un buen verano en compañía de tu família.
Adrián y família
Grazas a vós,Adrián e familia. Foron catro anos estupendos coas súas cousiñas, pero todo superable. Disfrutade moito das vacacións xuntos. Biquiños.
ResponderEliminarGustoume moito o video, pero na primeira parte, en "como eramos" falta alguén....quen será??. Moitos bicos Sabela
ResponderEliminarUnha pista, Sabe: están mencionados ao final. Biquiños e feliz verán!!!
ResponderEliminarGrazas a ti profe por estar sempre apoyandonos e cuidandonos todos estes catro anos e tamén grazas por estes maravillosos recordos que nunca olvidaremos.
ResponderEliminarQuerémoste moito...
Diana e familia.
Que pases un bo verán profe !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarBiquiños
Diana e familia.
O sentemento é reciproco familia; xa o sabedes. Eu tamén me sentín coidada e apoiada e iso no poderei esquecer nunca.
ResponderEliminarPasade vós tamén un estupendísimo verán. Biquiños a todos.
Di, non desesperes que todo chega, jejeje.
Gracias por este recuerdo que espero
ResponderEliminarnunca olvidar aunque no nos des en quinto profe nunca te ei de olvidar
BESOS SANTI
Graciñas, Santi. Que poético te vexo, jejeje. Eu tampouco vos esquecerei a vós; foron catro anos estupendos!!!
ResponderEliminarBiquiños.