O ano pasado, por estas datas de final de curso, tivemos a sorte de contar coa presenza na nosa aula de César López Cachafeiro. O pai de Adán, naquela ocasión visitábanos para falar de "Malamén", o libro que nos escribira e do que nos convertera en protagonistas. Nesta nova cita veu a agasallarnos coa secuela do libro anterior, "Malamén H" , e tivo a ben asinarnos os exemplares regalados. Como non podía ser doutro xeito agradecémosllo ao autor cuns debuxiños sobre a historia e cun vídeo ,que chegou a ver a luz grazas á intervención da profe Vane, que sempre nos secunda en tolas ideas e disparates varios.
A ver que vos parecen!!!
Hola son Eva.O video de malamen quedoulle moi chulo a profe Vane
ResponderEliminarOla, Eva. Tes toda a razón, quedou o vídeo moi resultón!!!Toma pareado, jejeje.
ResponderEliminar