domingo, 29 de xuño de 2014

VELLO COÑECIDO.

O venres, 13 de xuño, veu a visitarnos Xosé Liste, un vello coñecido da clase de 4º.Durante catro anos, traballamos un libro por curso da Editorial Santillana e, ao rematalo, sempre aparece Xosé para facer unha animación sobre el. Nesta ocasión, tocoulle a unha delicia titulada "Tras la pista del abuelo" de Alfredo Gomez Cerdá. Nel camiñamos da man de Valentina para averiguar cousas do seu avó e concienciámonos, aínda máis, de que temos un tesouro que debemos coidar e respectar.
Desde que tenía uso de razón, Valentina había visto al abuelo Valentín sentado en la butaca, con la mirada perdida. A veces ella le hablaba, pero el abuelo no se movía ni respondía a sus preguntas. ¿Qué podía hacer Valentina para descubrir cómo había sido en realidad la vida del abuelo? En una enorme caja de cartón va a encontrar la primera pista.
No que respecta a Liste non defraudou porque as actividades que propuxo foron a cada cal mellor. Ollade por vós mesmos.
Desta vez xa vos ofrecemos as crónicas da visita. Que completo!!!

2 comentarios:

  1. Unha forma fantástica de rematar a lectura dun libro. Vese polas súas caras que disfrutaron moitísimo coa actividade. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que a nós danos moi bo resultado; estamos encantados.E o libro é moi chuliño. Un bico.

    ResponderEliminar