Mario e Sofía agasalláronos na "Hora de ler" cunhas fábulas do conto"Una fábula para cada día" de Ediciones Susaeta. O libro é de Santi pero como el xa lera, cedeullo gustosamente aos seus compañeiros.
A de Sofía titulábase "Los buenos amigos" e ensalzaba a amizade e a de Mario levaba por título "El egoísta" e falaba dun hipopótamo que non pensaba nos demais.
Seguriño que disfrutaron moitísimo da súa lectura. As fábulas son un estupendo recurso. Boa finde e unha aperta.
ResponderEliminarPois si, Ana, as fábulas encántanlles e teñen moi boas ensinanzas. Un bico e boa finde para ti tamén.
ResponderEliminar