domingo, 19 de xaneiro de 2014

FORNADA DE PUNTOS.

Aquí chegan uns novos puntiños, que como xa mencionei, se referirán a efemérides acontecidas no mes de decembro.
Aí vos van:
-Que se conmemora o día 3 de decembro?
-En que ano se proclamou esta data?
-Definición de persoa con discapacidade.

-O 10 de decembro celebramos outro día importante, cal?
-En que ano se aprobou a Declaración Universal pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas?
-Que di o Artigo 1 da mencionada Declaración? Cópiao e despois explícao coas túas palabras.

As preguntas son fáciles, pero esta vez temos que pensar un pouco. A data límite de recollida será o luns 27 de xaneiro.
"O que algo quere , algo lle custa."

2 comentarios:

  1. Seguro que o fan fenomenal e eses puntiños vanlles vir xenial :) Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Gústanlles moito e de paso imos aprendendo cousiñas.
    Bicos.

    ResponderEliminar