Ola, chicas e chicos. Xa estou aquí para propoñervos outro reto.Queredes?
Como a profe anda liada co tema dos labregos voume encargar eu de formularvos as preguntas.Xogaremos por cinco puntos e falaremos de días sinalados do comezo do mes de abril. Aí van as preguntas:
1.Un 1 de abril naceu en Rusia, Segei Rachmaninov.
-De que ano?
-Cal era a súa profesión?
-Escribe tres das súas obras.
-En que data(completa) e lugar faleceu?
2.A torre Nacional de Canadá(Torre CN) rematou de contruirse un 2 de abril.
-De que ano?
-En que cidade canadiense está?
-Canto mide?
3.Cando se celebra o Día Mundial da Educación?
4.Por que se conmemora, o día 2 de abril, o Día do Libro Infantil e Xuvenil?(Ten que ver coa data de nacemento dun escritor)
5.Que outra conmemoración facemos o 2 de abril?
Resposta: Día Mundial de Concienciación sobre o....
Ben , para buscar a información tedes os buscadores infantís do blogue e a biblioteca escolar á vosa disposición (incluídos ordenadores).
Para respostar a cuestión 4 deixovos uns enlaces- pista:
Para a pregunta 5 podedes visitar estes blogues onde se trata o tema:
O prazo de entrega será o venres 19 de abril , que xa sei que tendes moito traballo.
Ánimo e a investigar!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario