martes, 9 de xullo de 2019

XERMINANDO.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Recordades a nosa aventura de plantación de landras? Claro, xa fai tanto tempo; como para recordalo!  Premede aquí para facer memoria.
Como puidestes observar plantamos en terra pero tamén entre algodón a ver que pasaba. Co paso dos días unha das landras brotou e outra non.
O certo é que pasou un mes, dous, e como somos de cousas inmediatas, xa pensabamos que non ía pasar nada. Pero equivocámonos. Cando chegou a primavera os carballos comezaron a brotar. Iso si, cada un ao seu ritmo.
Cando vimos que a cousa se nos ía das mans, mandámolos  para a casa, en busca dun novo fogar cunhas instrucións sinxelas. 
Como algúns dos carballos non sairan, tivo que a profe (and company) ir a buscalos ao monte para que todos /as os puidesen levar.
 
Montaxes realizadas con Pizap
Se ledes as instrucións poderedes observar que se pide  que se planten as árbores na natureza e se envíe foto do acontecemento. Solo recibín as fotos dunha familia , á que lle estou moi agradecida. O resto, quero pensar, que esqueceu enviar a foto. Apelo a vosa conciencia ecolóxica para que non deixedes que morran unhas árbores que criaron os vosos fillos/as.
Eu, con que unha prenda, doume por satisfeita.

sábado, 6 de xullo de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (IV)

Imaxe atopada en Pixabay.com
Seguímosvos contando como recibimos  as cartas na nosa aula. Alá polo mes de marzo foi Xeila a afortunada en obter unha  resposta. Así reaccionou!
O meu querido Iago volveu a contestarme dende o Reino Unido e tivo un detalle precioso. Comenteille que estabamos a traballar sobre o mar e envioume unha postal  co  impoñente faro Beachy Head en East Sussex. Se premedes sobre o nome poderedes ver máis fotos do faro.

E a prima Maca tampouco nos fallou e contestoulle a Luis a súa segunda carta. Foi toda unha sorpresa!
Vídeos obtidos no canal de Youtube de Anabel García
Montaxes reralizadas con PiZap

venres, 5 de xullo de 2019

ANIMAIS FANTÁSTICOS 2019.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Como nos gusta imaxinar! Por iso durante o curso, creamos estes disparatados animais que vos describimos a continuación. Que vos gusten!!

mércores, 3 de xullo de 2019

PROXECTO :MERGULLÁNDONOS NA BIBLIOTECA. 20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA (VI).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Hoxe contareivos como saíu a Bolsa Viaxeira da nosa aula (previo paso pola biblioteca) e que marabillas nos trouxo de volta.
Nunha bolsa negra de Bibliotecas Escolares aparecía un libro:"Julio y Verne descubren el fondo del mar", un listado de cancións, unha bolsiña de de gasa cun pen drive (contiña a música da lista) e unhas instrucións.  Xunto a todo anterior, unha táboa de madeira de marquetería do tamaño da bolsa.
Que habería que facer? Pois moi sinxelo. Tras ler o libro, que nos serviría de motivación e para dar ideas, habería que escoitar a canción escollida por cada un e plasmar sobre a táboa o que a música nos suxerise. Este foi o estupendo resultado!
Montaxes realizadas  con PiZap
(Os títulos non teñen comiñas o porque ma xogou o PiZap; vale?)
GRAZAS FAMILIAS, POLA VOSA IMPLICACIÓN!!!

sábado, 29 de xuño de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (III).

Imaxe obtida en Pixabay.com
Aínda nos queda moito que contar do noso proxecto das cartas, así que non imos perder tempo. O seguinte en ter a sorte de recibir correo foi Diego. Ollade como o recibiu!

Poucos días despois, tivo a mesma sorte Aarón.
Pero as súas marabillosas cartas non viñan soas senón con sorpresas incluídas. A profe Silvana enviounos gomas en forma de dado e para a profe un boli super chulo cunha frase de Castelao (como os colecciono...). A profe Estela , non se quedou atrás, e enviounos gominolas e chupa chups para comer no recreo. Así os recibimos!
Tamén Ainoa se estreou en febreiro e foi unha grata sorpresa. Mirade que contenta estaba !
Vídeos obtidos no canal de Youtube de Anabel García
Montaxes realizadas con Pizap
Aínda recibimos máis cousiñas. Xa vos contaremos!