Rosalía de José Molares
O 23 de febreiro celebramos á nosa Rosalía no cole. Se ben é unha autora pola que teño especial predilección e aparece na aula durante todo o curso, no seu día, tiñamos que facer algo especial.Dende a biblioteca do centro, empaquetáronse varios exemplares de "La gaita gallega" de Xoán Manuel Pintos para entregar ás familias que ese día se achegaran ao centro para deixar ou recoller ao alumnado. Tamén se enviaron exemplares ás usuarias da biblioteca de adultos que temos. Seguimos así a iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) de agasallar cun libro en galego e unha flor ás amizades e persoas queridas nesta importante data.
Despois do recreo, dentro de "A maxia dos venres" homenaxeamos á autora co recitado de varios dos seus poemas onde se mencionan animais. Tamén recibimos preciosos pensamentos para levar ás nosas casas.
Montaxes realizadas con Pizap.com
Rematamos o acto cantando todos xuntos/as a canción do grupo Migallas, "O moucho", baseada nun poema de Rosalía. Velaquí a gravación da teacher María.
Foi un día estupendo!!
Es una estupenda iniciativa. Poco a poco se irán sumando más y más aficionados a lectura y a Rosalía, por supuesto. Dar alas a nuestros artistas, sean del género y condición que sean, es una idea que se nos debió ocurrir hace muchísimos años.
ResponderEliminarUn bico enorme desde Vitoria, querida Anabel.
Ojalá cuajen las buenas iniciativas! Mientras nos dedicamos y admirarmos el arte, dejamos a un lado la destrucción, las guerras y otras cosas feas.
EliminarUn musu enorme para ti, apreciada Blanca.