xoves, 18 de xuño de 2015

XA CHEGOU FINAL DE CURSO.



Fai arredor dun ano que rematamos o curso de cuarto asinando un contrato (Un contatro de por vida) que nos comprometía a escribir un comentario no blogue na entrada que se creara para este fin. Como vedes, eu cumprín a miña parte creando o post , agora tócavos a vós formalizar o prometido. Gustaríame que o fixésedes porque vos apetece facelo, non por obriga; porque recordades con cariño tantas cousas que vivimos xuntos.
Este ano incorpóranse os nenos/as de cuarto deste curso,xa que  forman parte deste blogue e ocupan un "cachiño" do  meu corazón; como todos vós.

mércores, 17 de xuño de 2015

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO.

Este ano o tempo decidiuse a acompañarnos na excursión que realizamos ao Grove, con motivo de celebrar que o curso chega ao seu fin. Foi unha marabillosa viaxe ao camping de Fieitás,onde os nenos/as realizaron actividades de monte e praia.
Xa non vos conto nada máis da viaxe.O mellor será que leades as crónicas para que vos enteredes de como nos foi.

luns, 15 de xuño de 2015

COMO A VIDA MESMA (XXVIII) (2014-2015)

Hoxe na nosa sección falaremos de lectura que xa que se achega o verán,  non está de máis algunha suxestión.
Fai un tempo, en Docentes para el Fomento de la Lectura, recomendaron o libro "El superzorro" do autor Roald Dahl, que xa foi protagonista dalgunha das nosas entradas ( e dos puntos tamén). Esta é a reseña do libro que publicaron:
Libro del día: El Superzorro, de Roald Dahl.
Un valle, tres granjas, tres malvados granjeros y un bosque. Y en él, don Zorro, tratando de escapar a las trampas de los granjeros. Una vez más Roald Dahl consigue despertar el interés de los jóvenes lectores con esta trama de buenos y malos tan llena de gracia en la que queda demostrado que la bondad no está reñida con el ingenio y que los malos no siempre son los más listos. Una sencilla historia con apariencia de cuento clásico, con animales personificados y una
trama sugerente con personajes cercanos y muy atractivos para el niño.

Pero tamén publicaron o trailer da película que se fixo,  baseada en dito texto, e como o falamos en clase e me dixestes que queriades  velo, aquí vos vai.
Xa me contaredes que vos parece!!!

venres, 12 de xuño de 2015

DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL.

O número global de nenos/as en situación de traballo infantil é 168 millóns, dos cales, máis da metade (5 millóns) efectúan traballos de risco. Para concienciar ao mundo deste grave problema e intentar solucionalo a  Organización Internacional do Traballo (OIT) declarou o 12 de xuño como o Día Mundial contra o Traballo Infantil. Se queredes saber máis sobre esta celebración premede na imaxe.
No blogue da nosa amiga Isabel, Recursos para mi clase, aparece este vídeo da campaña de UNICEF para a protección da infancia.
Agradecede haber nacido nun lugar e nunhas familias privilexiadas e poder asistir ao cole para recibir unha educación; outros non tiveron tanta sorte.

xoves, 11 de xuño de 2015

HORA DE LER (VI)

Marcos Lesta optou, na Hora de ler, pola literatura galega máis recente. A obra escollida foi "Correo Urxente" da  artista ferrolá Paula Carballeira. Esta polifacética muller, actriz, escritora e contacontos, proponnos unha historia epistolar; non, non, a historia é culinaria; non, é académica e escolar....mmmmm, o mellor será que  leades vós mesmos o libro e opinedes de que vai esta historia.

"La varita mágica de Brunilda" da australiana Valerie Thomas e ilustrada por Korky Paul, chegou á nosa aula da man de Sheila. Alguén sabe que ocorre cando a variña máxica dunha bruxa vai parar a unha lavadora? Pois se  vos interesa averigualo non tendes máis que indagalo neste entrañable texto.