Marcos Lesta optou, na Hora de ler, pola literatura galega máis recente. A obra escollida foi "Correo Urxente" da artista ferrolá Paula Carballeira. Esta polifacética muller, actriz, escritora e contacontos, proponnos unha historia epistolar; non, non, a historia é culinaria; non, é académica e escolar....mmmmm, o mellor será que leades vós mesmos o libro e opinedes de que vai esta historia.
"La varita mágica de Brunilda" da australiana Valerie Thomas e ilustrada por Korky Paul, chegou á nosa aula da man de Sheila. Alguén sabe que ocorre cando a variña máxica dunha bruxa vai parar a unha lavadora? Pois se vos interesa averigualo non tendes máis que indagalo neste entrañable texto.
Que chulos os marcos.
ResponderEliminarIván, Daniel.
Que ben que vos gusten, rapaces!!!
Eliminar