domingo, 30 de decembro de 2012

GLORIA FUERTES(II).

Fixemos unha nova entrada no libro virtual. Esta vez foi  a ilustración dun poema de Gloria Furetes titulado"El Rey de la Paz".
Premede na imaxe e botádelle un ollo!!!

martes, 25 de decembro de 2012

PANXOLIÑAS.

Pensei que vos gustaría escoitar as panxoliñas que vimos o outro día no libro de Lengua. Aí vos quedan, disfrutádeas!!!
"Una pandereta suena"



"El tamborilero"

"Zumba,zúmbale al pandero"

"El tarantán"

sábado, 22 de decembro de 2012

GLORIA FUERTES.

Por fin realizamos a nosa primeira publicación no Libro Virtual Colaborativo de Gloria Fuertes. Foi un Esl vídeo basado na presentación que  atopamos da autora no blogue aulatic-terradeferrol.blogspot.com/.(Capítulo 28 do Libro Virtual)
Se queredes velo solo tendes que premer na imaxe.
Graciñas a Ana Martínez por facer esta presentación tan chula.

xoves, 20 de decembro de 2012

FADA PERELLA


Ola, chicos/as!!!
Son eu , a fada Perella. Coleime no blogue da profe porque como estes días está moi liada coas notas , co festival e con non sei cantas cousas máis, seguro que non se decata de que ando por aquí.Jijiji!!!!
Xa vos dixen na miña carta que me gustaron moito os vosos debuxos  pero solo podía escoller un. A decisión foi  difícil  e o resultado foi.....
efectos de fotos

Seguiremos en contacto!

mércores, 12 de decembro de 2012

A FADA PERELLA.

Antes de que a Fada Perella  escolla o retrato gañador  do seu concurso particular, pensei que sería unha boa idea mostrar os debuxos que lle fixestes. Aí vos van!!!!

martes, 11 de decembro de 2012

A MOCHILA VIAXEIRA.

Por fin chegou un dos momentos máis esperados do curso...a saída da Mochila Viaxeira!!!
Este ano vai cargada de novos libros e materiais e ademais leva unha nova tarefa. Como desde o  cole estamos participando nun libro virtual colaborativo sobre Gloria Fuertes, coordinado por Lourdes Giraldo, a Biblo, non lle importou que o traballasemos na Mochila.Se queredes máis información, premede na imaxe.


Nós ainda non publicamos nada no libro;todo se andará. Pero podedes ver moitos traballos interesantes dos vosos compañeiros/as. Botádelle un ollo!!!(Estamos no Capítulo 39)

luns, 3 de decembro de 2012

MISTERIO EN 3º (2ª PARTE).

Pois sí, amiguiños, ao día seguinte  recibimos outra mensaxe da nosa Fada particular.Quería propoñernos un "traballiño".Este consistía en facerlle un retrato. Si, oistes ben, quería un debuxo dela e nós sen vela nunca. Menos mal que temos as ferramentas axeitadas para levar a cabo tan ardua  misión: lápis, goma , cores e moreas de imaxinación.Puxémonos mans á obra coa esperanza de que o debuxo elexido fose...cada un  o que fixo, porque a Fada dixo que publicaría o que máis se parecese a ela.
                             A ver que pasa!!!

domingo, 2 de decembro de 2012

MISTERIO EN 3º.

Hai un días recibimos correo do mundo da fantasía. Despois do de Biblo, pensamos que sería unha misiva súa .  Pero non!
 Era dunha misteriosa remitente que quería que adiviñásemos o seu nome. Puxémonos mans a obra para descubrir de quen se trataba e fomos parar... ao blogue dos noso xogos!
Alí se atopaba a referencia a nosa amiga....   
                          A FADA PERELLA!!!
Contestamos á súa carta é...
 

sábado, 1 de decembro de 2012

SANTA ICÍA.

Con motivo da festividade  de Santa Icía, patrona dos músicos, dos poetas e dos cegos, visitounos no cole un personaxe moi particular. Chámase Cé orquestra Pantasma e ese día, tan especial, fixo as delicias de pequenos e grandes. Se non mirade, mirade!!!!









xoves, 29 de novembro de 2012

CARTA DE BIBLO.

A semana pasada recibimos na clase unha grata sorpresa: unha carta de Biblo, a mascota da nosa biblioteca.Nela propoñíanos que escribísemos suxestións para a Mochila Viaxeira. E puxémonos mans á obra; rematamos no mesmo día. Ao día seguinte xa nos escribiu dándonos as grazas e prometéndonos que tería en conta os nosos gustos.
 

                 MOITAS GRAZAS, BIBLO!!!

martes, 20 de novembro de 2012

MICOLOXÍA EN ESTADO PURO.

O martes, día 13 de Novembro, tivemos unha charla ben interesante sobre  setas.
 Previamente organizárase unha exposición de cogumelos polo Departamento de Normalización da Lingua Galega, que tivo moito éxito; grazas a colaboración de todos os nenos/as e as súas familias. 
Roberto, un axente forestal experto no tema, deunos moitas pistas sobre como recoñecer, recoller e disfrutar de tan saboros fungos (os que son comestibles,claro!).Nós fixemos unha pequena crónica do evento. En breve os resultados.



luns, 19 de novembro de 2012

O MAGOSTO.


O día 9 de Novembro celebramos no cole o Magosto. Premede na imaxe se queredes ver como o pasamos.


xoves, 15 de novembro de 2012

APARATO LOCOMOTOR.

Xa sei que temos cousiñas pendentes pero..... como estamos traballando o aparato locomotor non me puiden resistir a poñervos estes xogos cos que poderedes averiguar canto sabedes sobre o tema.

Preme sobre a imaxe para acceder a todos

A ver, a ver... estivestes atentos na clase?

sábado, 3 de novembro de 2012

HALLOWEEN-SAMAÍN.

 Como todos os anos celebramos no cole a festa do Halloween ou Samaín.Pasámolo moi ben comendo rosca con chocolate, cantando cancións en inglés e recibindo premios no concurso de cabazas.Noraboa aos gañadores e felicitacións tamén, a todos os participantes e as súas colaboradoras familias.









martes, 30 de outubro de 2012

A VENDIMA (II).

Pero non solo tivemos a sorte de contar coa presenza, na nosa aula, dos picariños, da profe Vane e de Marta, senón que tamén nos trouxeron un agasallo: unhas fichas moi chusquiñas para repasar o aprendido.Este é un exemplo do resultado.







domingo, 28 de outubro de 2012

A VENDIMA.

 Ai uns días, os picariños e a profe Vane, viñeron a facernos unha visitiña para contarnos cousas da vendima. O certo é que aprendemos moito pero o mellor de todo, é que o pasamos xenial. Moitas grazas, picariños.Voltade cando queirades!!!



domingo, 14 de outubro de 2012

ONDE QUEDARON AS VACACIÓNS?

Que lonxe quedan as vacacións, verdade? Pois para que non as botedes de menos aí vos deixo unhas crónicas de como as pasaron os nenos e nenas de 3º.Si,si, as que vós mesmos escribistes!!!
                        

xoves, 27 de setembro de 2012

CHEGAMOS A TERCEIRO!!!

  
Estamos empezando outro curso e adaptándonos a novas formas.Temos que levalo con calma; non nos queda outro remedio. Pero que ninguén se durma nos laureis que temos moitas cousas que facer!Polo de agora , aquí vos queda un collage do inicio de curso. A ver que cousiñas van xudindo ao longo del.

mércores, 12 de setembro de 2012

ESTAMOS DE VOLTA


Hoxe é un gran día porque , por fin, comeza o cole.Ainda que somos vellos coñecidos iniciamos unha nova andaina que espero sexa moi proveitosa para todos e todas.
Solo quero desexarvos moito ánimo e gañas,ilusión e curiosidade, que poñades atención e traballedes a tope.
   
Seguro que será un  gran curso; de nós depende!!!


venres, 3 de agosto de 2012

BOAS VACACIÓNS.

Fixemos ao longo deste curso moitas cousiñas máis pero non todo se puido mostrar.
Chega o momento do descanso e que mellor maneira de aproveitalo que propoñéndovos unhas animadas lecturas para o tempo de lecer.
Disfrutade e lede, gozade e vivide, en definitiva; aprendede.
FELIZ VERÁN E BLOGUEAMOS EN SETEMBRO!!!

mércores, 1 de agosto de 2012

martes, 31 de xullo de 2012

PONTES DO RÍO LÉREZ.


Quería agradecervos a todos e todas a vosa participación na inauguración da exposición que sobre Forcarei fixemos no Concello. Está visto que os traballos colaborativos funcionan.
Deixovos  aquí o que sobre as pontes traballamos: un pps coas fotos tan bonitas que fixeron os meus nenos/as e (na seguinte entrada) as creacións artísticas que realizaron sobre un poema de Xosé Otero Espasandín.
Que vos guste moito!


luns, 30 de xullo de 2012

NOVOS XOGOS.

Que tal vai o verán, meus perelliños?Seguro que estades disfrutando a tope  do tempo de lecer. A fada Perella  deixouvos uns divertimentos  novos en "O nosos xogos",  por  se vos apetece bloguear.
Por certo, se queredes saber o significado do que acabo de chamarvos, xa sabedes...... diccionario!!!
 Non vos apuredes, tédelos no blogue.

mércores, 25 de xullo de 2012

PROXECTO FABA.

Alguén me pode dicir como está a súa faba? Contémoslle a todo o mundo o que fixemos este curso.

venres, 20 de xullo de 2012

OS VERMES DA SEDA

.Durante o curso traballamos o ciclo vital dos vermes da seda desde que son ovos ata que se transforman en bolboretas.Aquí vos deixo o que aprendemos....