Recordades a fantástica visita coa que nos agasallou Ismael Baloira? Pois ademáis do partido que lle sacamos ese día, con toda a información que nos deu, tamén a aproveitamos para facer unhas estupendas descricións do noso amigo. A ver se o recoñecedes!!!
martes, 14 de febreiro de 2017
DESCRIBINDO A ISMAEL.
sábado, 11 de febreiro de 2017
VISIBILIZANDO ÁS MULLERES CIENTÍFICAS.
Imaxe de Anna Medina para conmemorar este día.
O 15 de decembro de 2015, instaurouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Escolleuse o 11 de febreiro para conmemorar a data e promover a participación feminina en condicións de igualdade no ámbito da Ciencia.Na páxina de Nacións Unidas tedes máis información.
A iniciativa 11 de febrero pretende fomentar a organización de actividades e materiais que conmemoren este día en España.O seu obxectivo é contribuir a que se iguale a participación entre homes e mulleres no ámbito científico. Clicade na imaxe para ver o que pretenden.
En Elige educar atopei 13 audiocontos sobre outras tantas mulleres da Ciencia que me pareceron moi chulos.Están narrados fantasticamente por Estíbaliz Espinosa. Se premedes na imaxe accederedes a toda a información.
FELIZ DÍA, MULLERES E NENAS CIENTÍFICAS!!!
Quedádevos con esta entrada,nenos e nenas , porque seguro que algo argallamos.
mércores, 8 de febreiro de 2017
UNHA VISITA SORPRESA.
O día 25 de xaneiro aterrou na nosa clase, Ismael Baloira, asesor comercial de Edelvives. É moi común que Ismael se pase polo cole a falar cos profes pero.... cos nenos e nenas? Pois sí, así foi. O que comezou como unha broma no curso pasado foi tomando forma e materializouse o outro día.
Pasámolo realmente xenial con el, xa que veu a contarnos o proceso de creación dun libro: desde que un autor ten unha idea ata que chega as nosas mans. Tamén nos falou do seu traballo e agasallounos cuns libriños en branco para escribir nós a historia e uns bolis máxicos que escriben contos.
Nós tamén quixemos ter un detalliño con el e fomos a coincidir no presente.
Aquí vos deixo unhas instantáneas que dan conta do que foi a charla.
Montaxe realizada con PiZap.
MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO, ISMAEL!!!
AGARDAMOS NOVAS AVENTURAS!!!
domingo, 5 de febreiro de 2017
ABECEDARIO DA PAZ.
Montaxe realizada con PiZap.
Deixovos un abecedario de lecturas sobre o tema de Loqueleo de Santillana.
mércores, 1 de febreiro de 2017
O QUE APRENDEMOS SOBRE O ACOSO.
Imaxe de Ciencia Divertida.
Non sei se lembrades que tivemos unha charla sobre o acoso escolar. Pois ben, como suele ocorrer nestes casos, pedín unha crónica aos nenos/as para que me contaran que foi o que aprenderon. Este foi o resultado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







