martes, 14 de febreiro de 2017

DESCRIBINDO A ISMAEL.

Recordades a fantástica visita coa que nos agasallou Ismael Baloira? Pois ademáis do partido que lle sacamos ese día, con toda a información que nos deu, tamén a aproveitamos para facer unhas estupendas descricións do noso amigo. A ver se o recoñecedes!!!

Deixovos o enlace á editorial Edelvives, onde el traballa , para que lle botedes un ollo ao interesante material que nos propón. Mirar é gratis e nunca se sabe; de seguro que atopades algo!!!

sábado, 11 de febreiro de 2017

VISIBILIZANDO ÁS MULLERES CIENTÍFICAS.

Imaxe de Anna Medina para conmemorar este día.
O 15 de decembro de 2015, instaurouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Escolleuse o 11 de febreiro para conmemorar a data  e promover a participación feminina en condicións de igualdade no ámbito da Ciencia.
Na páxina de Nacións Unidas tedes máis información.
A iniciativa 11 de febrero pretende fomentar a organización de actividades e materiais que conmemoren este día en España.O seu obxectivo é contribuir a que se iguale a participación entre homes e mulleres no ámbito científico. Clicade na imaxe para ver o que pretenden.
En Elige educar atopei 13 audiocontos sobre outras tantas mulleres da Ciencia que me pareceron moi chulos.Están narrados fantasticamente por Estíbaliz Espinosa. Se premedes na imaxe accederedes a toda a información.
FELIZ DÍA,  MULLERES E NENAS CIENTÍFICAS!!!
Quedádevos con esta entrada,nenos e nenas , porque  seguro que algo argallamos.

mércores, 8 de febreiro de 2017

UNHA VISITA SORPRESA.


O día 25 de xaneiro aterrou na nosa clase, Ismael Baloira, asesor comercial de Edelvives. É moi común que Ismael se  pase polo cole a falar cos profes pero.... cos nenos e nenas? Pois sí, así foi. O que comezou como unha broma no curso pasado foi tomando forma e materializouse o outro día.
Pasámolo realmente xenial con el, xa que veu a contarnos  o proceso de creación dun libro: desde que un autor ten unha idea ata que chega as nosas mans. Tamén nos falou do seu traballo e agasallounos cuns libriños en branco para escribir nós a historia e uns bolis máxicos que escriben contos.
Nós tamén quixemos ter un detalliño con el e fomos a coincidir no presente.
Aquí vos deixo unhas instantáneas que dan conta do que foi a charla.
Montaxe realizada con PiZap.
MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO, ISMAEL!!!
AGARDAMOS NOVAS AVENTURAS!!!

domingo, 5 de febreiro de 2017

ABECEDARIO DA PAZ.

O luns 30 celebramos no cole o Día da Paz e a non Violencia. Xuntámonos todos/as no salón de actos e fixemos un abecedario da Paz que levaba por detrás unha pomba con mensaxe. Despois gozamos e emocionámonos coa curta "Cuerdas", a preciosa historia de María e o seu amigo especial. Por último,cantamos a canción "A Muralla", que nos ensinou o profe Toño en galego. Aquí queda constancia do que pasou.
Montaxe realizada con PiZap.
Deixovos un abecedario de lecturas sobre o tema  de Loqueleo de Santillana.

mércores, 1 de febreiro de 2017

O QUE APRENDEMOS SOBRE O ACOSO.

Imaxe de Ciencia Divertida.
Non sei se lembrades que tivemos unha charla sobre o acoso escolar. Pois ben, como suele ocorrer nestes casos, pedín unha crónica aos nenos/as para que me contaran  que foi o que aprenderon. Este foi o resultado.
Tamén me gustaría compartir con vós este fantástico vídeo do Langui , "Se buscan valientes", que forma parte do proxecto de comunicación social de Mediaset 12 Meses, para loitar contra o acoso escolar. A ver que vos parece!!!
Obtido no canal de Youtube de Langui.