xoves, 12 de xullo de 2018

FELICES VACACIÓNS!!!

Imaxe obtida en Pixabay.com
Creo que máis ou menos rematei de contarvos todo o que fixemos este curso. Bueno, todo, todo... non; que algunha cousiña se ten que quedar para a nosa aula!!!
Nesta entrada mostrareivos as recomendacións lectoras que fixeron  os alumnos/as de 1º . Tede en conta que escolleron os libros que máis  lles gustaron ao longo do curso pero que , dependendo do momento, fixeron diferentes fichas.
Tamén vos deixo, como despedida, unha pequena presentación, con traballiños que quedaran sen contar.

Deséxovos unhas estupendas vacacións a todos/as para que gocedes do lecer, da familia e dos amigos. Recargade ben as baterías para poder empezar o novo curso con moitas gañas e forzas renovadas. Eu creo que, sen que sirva de precedente, seguirei o meu propio consello  e intentarei descansar.
VÉMONOS EN SETEMBRO!!!
INICIANDO DESCONEXIÓN...

luns, 9 de xullo de 2018

MV (VI).

O duende perdido.
Xa solo nos quedan as últimas experiencias por mostrar. Poñede atención!!!
O único que vos podemos mostrar de Alejandra é o seu Atrapasoños e a súa interpretación do conto "Hay que soñar mucho"
Alexander gozou do seu maletín e fíxonolo saber a través de fotos.
Tocoulle  o conto "Las alas del sueño" e esta é a súa manualidade.
Natalia trouxonos unhas fotos e o seu collage de "Las sombras de la noche".
Xeila falounos moi animadamente de "Los despistes de don Sueño" e ensinounos o seu Atrapasoños
Este é o seu precioso collage.
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN!!!

domingo, 8 de xullo de 2018

HORA DE LER (V).

Michu lendo  "Fantasía en poesía".
Aínda nos quedaban uns traballiños sobre o libro de Marisa Alonso e Elizabeth Aquillón, "Fantasía en poesía". Velaquí o que faltaba.
Alejandra decidiu recitar "El gato enamorado".
Alexander escolleu "La ballena viajera"  para copiar e decorar.
Natalia decorou "Conejito" e preparou a lectura.
E por último, Xeila que quixo  copiar "A araña Maraña" para despois retratala coa súa tea. Tamén preparou a lectura para todos nós.
Montaxes realizadas con Pizap.
Obtidos no canal de Youtube de Anabel García.
GRAZAS MARISA ALONSO POR TAN FANTÁSTICAS POESÍAS!!!

sábado, 7 de xullo de 2018

MV (V).

Imos seguir vendo os resultados dos nosos Maletíns Viaxeiros.
Ainoa fixo así de contenta a súa exposición.
Unhas cantas fotos do acontecido na casa.
E como o seu conto era "El cazasueños" a súa interpretación do mesmo non podía ser outra.
Luis ensinou todo o que fixera na casa coa súa familia.
Non poñemos fotos porque saen persoas alleas pero si o seu precioso collage sobre "Los duendes aspirasonrisas"
Aarón tamén expuxo o seu traballo e ensinou o seu Atrapasoños (que era voluntario).
Mandáronnos da súa casa unha morea de fotos pero non me quedan ben na montaxe. O que si queda monísima é a ovella Betuna, a prota de "La oveja negra"
A Diego tocoulle "La muñea quitapenas" e así nos contou a súa experiencia.
A súa boneca quitapenas vese así de bonita.
(Por certo, Diego trouxome a proba do seu pastel de estrela. Grazas familia, estaba delicioso!!!)

Noutra entrada ,todo o que falta.

venres, 6 de xullo de 2018

POESÍA NO AR.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Con motivodas Letras Galegas traballamos a figura de Mª Victoria Moreno e coñecemos algo das súas obras. Inspirándonos nela creamos estas pequenas poesías.
Tamén fixemos na aula un obradoiro de  creación poética. Escollemos un tema entre todos; a primavera. Despois, buscamos palabras relacionadas co tema e fomos buscando algunhas rimas. Por grupos reducidos, creamos unha estrofa. Tras a posta en común, escollemos o título por votación entre varias das súas propostas.
Este foi o resultado. Todos escribiron o mesmo poema pero interpretárono de maneiras diferentes.
A ver se vos gusta!!!

xoves, 5 de xullo de 2018

HORA DE LER (IV).

Imaxe obtida na rede.
Seguimos contando as nosas experiencias coa lectura de "Fantasía en poesía" da nosa amiga Marisa Alonso.
Ainoa preparou un collage sobre "La cucaracha y el grillo". Despois,  leuno así.
Luis, xa decidiu de entrada, que el recitaría "El pingüíno transparente".

Aarón optou por copiar a súa poesía e decorala. Despois, preparou a lectura de "El regalo del ratón".
Obtidos no canal de Youtube de Anabel García.
Diego preparou unha manualidade sobre"Benavente".
Montaxes relizadas con PiZap.
Noutra entrada mostramos os que faltan.

mércores, 4 de xullo de 2018

MANUALIDES FINAIS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Para finalizar con este apartado de manualidades imos mostrarvos dúas cousiñas. Comezamos coa nosa vaca de primavera.
Volvemos á socorrida páxina de Krokotac para facer unha vaquiña moi especal , co corpo  entrelazado.
Preme aquí para ver como se fai.
Así, fixemola nós.
Montaxe realizada on PiZap.
Por último, comentarvos que precisabamos "algo" para gardar os nosos traballos (todos aqueles que aínda estaban na aula). Fixemos estes cartaces de catolina. A ver se vos gustan!!!
Obtido no canal de Yoube de Anabel García.

martes, 3 de xullo de 2018

MV (IV).

Os Maletíns Viaxeiros visitaron as casas de todos os alumnos /as de 1º  e cando regresaron, voltaron cargados de experiencias, de lecturas e de soños. Quero compartilos con vós pero , como pasa ultimamente, non aparecerán todos os traballos iguais. Houbo quen non entregou as cousas en prazo, é debido a iso, non puido facer a presentación aos compañeiros/as. Polo tanto aparecen solo fotos do seu  atrapasoños (se o fixo , porque non era obrigatorio). De seguro que non vos gustou moito esta idea pero cando se incumpren as  normas, hai consecuencias.
Tamén evitarei poñer fotos que sexan familiares e impliquen a persoas alleas á aula. Hai moitas fotos e son preciosas!!!!
Esta foi a exposición da experiencia de Héctor.
Algunha das moitas fotografías que aportou.
A súa manualidade sobre "Los pasteleros del sueño".
Oliva tamén presentou o seu traballo.
Fixo unha interpretación moi chula do seu conto e optou por facer un antiface para durmir e soñar cousas bonitas. (O collage fotográfico de Oliva era moi familiar).
Montaxes realizadas con PiZap.
Xa vos sigo contando!

luns, 2 de xullo de 2018

MANUALIDADES LECTORAS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Para o Día do Libro, este ano, realizamos uns marcapáxiñas de serpe moi chulos. É unha mágoa que non teñamos fotos pero sacamos a idea de Krokotac. Xa os fixera coa clase de 1º, podedes velos aquí. (A única diferenza foi que lle fixemos no reverso un corazón coma a serpe e escribímoslle Día do libro, 23 de abril de 2018 e un lema sobre a lectura que cada un inventou).
 De paso elaboramos uns mini libros coa historia da data. Están sacados a páxina de Actiludis.
O Día das Letras Galegas tamén o celebramos cunha manualidade de Krokotac. Fixemos uns lectores e lectoras (cada un o que quixo) que gozaban dun libro de Mª Victoria Moreno (a autora homenaxeada deste ano).
Montaxes realizadas con Pizap.

domingo, 1 de xullo de 2018

HORA DE LER(III).

Xa vos contamos a nosa experiencia lectora coa "A vaca dixo mua" de Gloria Sánchez. Hoxe tócalle o turno a un estupendo poemario (do cal son mecenas) de Marisa Alonso Santamaría e que está ilustrado por Elizabeth Aguillón.
En primeiro lugar, presenteilles o  libro e tiveron que escoller a poesía que máis lles gustara. Despois tiñan que facer con ela algo da súa elección. Por último, debían presentar os resultados aos seus compañeiros/as.
Ensínovos os produtos finais.(Aparecerán todos os traballos pero as lecturas solo as dos nenos/as que as prepararon ben. Nesta vida, non todo vale!).
Héctor decidiu copiar o seu poema e decoralo. Despois, preparou a lectura.
Oliva optou por facer unha manualidade e decidiu aprenderse o poema de memoria.
Montaxes realizadas  con Pizap.
Obtidos no canal de Youtube de Anabel García.
Noutra entrada, máis.