sábado, 31 de mayo de 2014

EXTRA,EXTRA (III).

Seguimos coa publicación das  entrevistas a personaxes de contos. Esta vez tocoulle a un escorregadizo axente da TIA, que é  un experto na arte do  disfrace e a un neno aventureiro que se non di a verdade.....ollade o que lle pasa!!!











































(Recordade premer sobre as imaxes para poder ver  mellor as entrevistas realizadas ).

jueves, 29 de mayo de 2014

SEN PERDER O RUMBO.



Hoxe unha información útil para os papás e mamás sobre Internet. Xa colgamos o acceso ao "Navega con Rumbo" para unha  navegación segura e hoxe acércovos esta guía de boas pácticas TIC para familias como apoio ás actuacións da Red de Escuelas Digitales de Castilla y León  S. XXI. Ten algúns consellos aplicables a portátiles RedXXI pero a maioría da información é aplicable aos nosos fogares.
Agardo que vos sexa de utilidade!!!

Bueno, vale, para vós, chicos e chicas, tamén teño algo.Poñédelle atención; é importante!!!
(Tpvamedia)

lunes, 26 de mayo de 2014

COMO A VIDA MESMA (XVI)

Seguimos reflexionando ,unha semana máis, sobre a vida. Neste vídeo, realizado por JAF Producciones, ofrécesenos a posibilidade de cuestionarnos que consideramos importante e que nos apaixona. O que vivimos , condiciónanos, e fai que transmitamos determinadas ideas e valores. Pero, estamos no certo?
Ollade e opinade. Eu, quero bailar!!!

domingo, 25 de mayo de 2014

PREMIO!!!

Fai como quince días  recibín no correo un premio "One lovely blog", do blogue amigo LOS PEQUES DE FELI: http://lospequesdefeli.blogspot.com.es/ . Por unha cuestión de tempo(perdón pola tardanza) non o fixen público antes pero fíxome moita ilusión e estou moi agradecida.
En que consiste  o premio One Lovely Blog Award?
1. Agradecer ao blogue que cho concedeu, dita nominación, agregando un link desde a túa web.
2. Responder un cuestionario de 11 preguntas que ese blogue propuxo para que os nosos seguidores nos coñezan un pouco.
3.Conceder dito premio a 11 blogues que estean empezando (a ser posible) e que sigas.
4. Realizar un cuestionario de 11 preguntas para ditos blogues que deberán responder nos seus propios blogues.
5. Publicar na súa última entrada, a concesión do premio para que o coñezan e o continúen.
(Para consultalo en castelán podedes ir a blogue que nos concedeu o premio)
-------------------------------------------------
Este é o cuestionario que recibín:
1. Unha frase para compartir.
"O máis importante que pode ser un ser humano nesta vida é ser boa persoa".
2.Un post que che deixou pegada.
Afortunadamente non teño un so post  que me marcase senon que hai moitos post intersantes nos blogues que sigo. Non sería capaz de escoller un.
3.O teu día favorito para traballar.
Aquel no que estou inspirada.
4.Cantas horas lle dedicas ao teu blogue?
Prefiro non facer a conta, pero unha cantas.
5.O teu mellor amigo/a.
El/ela xa o sabe.
6.Unha cidade á que queiras ir.
Calquera,todas as cidades teñen o seu encanto. 
7.Que desexas que nos aporte o teu blogue?
A visualización do noso traballo de aula, recursos interesantes e unha visión propia da ensinanza.
8.Que tres blogues non te perdes?
Aos que sigo.
9.Que estilo ten a túa casa?
Un estilo colorista e de mistura.
10.Cal é o teu post favorito?
A mesma resposta que na pregunta 2. Se o post é propio,tampouco teño ningún favorito.
11.Que che aporta o teu blogue persoalmente?
Fundalmentalmente a participación dos seguidores, sobre todo alumnos/s e familias.
-------------------------------------------------
Os meus 11 premiados e o seu enlace:
Biblioteca Xoán Farias: http://biblospazos.blogspot.com.es/
 Escoller resulta difícil pero seguín criterios de seguimento, de gusto e de cariño. Noraboa a todos!!!
-------------------------------------------------
As miñas 11 preguntas (fareinas directamente en castelán e así entendémonos todos)
1.Una intención.
2.Un ideal.
3.Un propósito.
4.Una canción.
5.Un sueño.
6.Una profesión.
7.Una utopía.
8.Un grupo musical.
9.Un deseo cumplido.
10.Un viaje por realizar
11.Una historia que contar.



jueves, 22 de mayo de 2014

O PRÍNCIPE QUINO.


Hoxe falaremos de Joaquín Salvador Lavado Tejón, nacido fai 82 anos en Mendoza (Arxentina). Que ten de especial este señor?Coñecido mundialmente como Quino, este debuxante gráfico deulle a vida , desde a súa pluma, á mundialmente coñecida Mafalda. Esta nena , rebuldeira e filósofa, que aborrece a sopa e gosta de poñer patas arriba  a vida daqueles que a rodean, naceu muda fai cincuenta anos. Pero co paso do tempo, por consello ou obriga, as palabras comezaron a deixarnos frases tan célebres como "Paren o mundo que me quero baixar".E hoxe están de noraboa , porque Quino ven de gañar o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
Para saber máis sobre estes galardóns , creados en 1981, e outros premiados, clicade na imaxe.
Festexemos este premio gozando do bo saber facer dun xenio.








PARABÉNS,MESTRE!!!

martes, 20 de mayo de 2014

EXTRA,EXTRA (II).

Pensabades que se remataran as entrevistas? Nada diso. Hoxe  deixareivos dúas ben interesantes: a dunha ratiña cansa de ser a noiva de.... e outra dunha nena cunha vida difícil. Sabedes xa a quen me refiro? Pois non perdades detalle.



(Se premes sobre calquera das imaxes irás á carpeta onde están todas as entrevistas publicadas ata o de agora)

lunes, 19 de mayo de 2014

COMO VIDA MESMA (XV)

Hoxe foi un  día triste; porque cando te atopas coa vida de frente e che demostra que non é xusta,a cor que irradia, apágase, e todo se volve desdebuxado e gris. Por iso na nosa sección aparece unha frase, atopada por casualidade, pero que reflexa o que debemos ter en conta no día a día.
En recordo da vitalidade máis arrebatadora e do sorriso máis titilante que nunca coñecín.

sábado, 17 de mayo de 2014

DÍA GRANDE.

Onte celebramos  anticipadamente o día das Letras Galegas no cole. Baixo o lema "A nosa lingua, o noso tesouro" os Equipos da Biblioteca e de Normalización pedíronnos palabras que representasen a nosa lingua, que nos gustasen, e fixemos entre todos unha bonita composición.
No salón de actos gozamos de vídeos e cancións que fixeron noutros coles na honra do homenaxeado do día: D Xosé María Díaz Castro. Rematamos da mellor maneira posible, cantando o noso himno. Himno símbolo e esencia de Galicia, profundo e vixente sempre, sinal dun pobo, identidade dunha alma.
 E como homenaxe propio as nosas letras, ao noso idioma e ao noso sentir quero deixarvos  a Celso Emilio Ferreiro e o seu "Deitado frente ao mar".

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

viernes, 16 de mayo de 2014

RECURSOS LETRA GALEGAS 2014

Aquí vos deixo un enlace á páxina de recursos sobre as Letras Galegas deste ano. Premede na imaxe.

jueves, 15 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS.

Como o sábado celebraremos o día grande das nosas Letras fixen unha sección sobre o tema con recursos e xogos .Se premedes na imaxe iredes directamente a ela e , coma sempre, deixareina no lateral dereito do blogue.

Tamén en homenaxe a Díaz Castro elaborei este LIM para que repasedes a súa biografía. Sede benébolos comigo, que é o primeiro!!!
Grazas á profe Vane , que é a que me soluciona as dúbidas.
Tamén agradecerlle a Natalia Longo de  http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/ que me prestase esa imaxe tan chula das Letras Galegas para utilizar na portada do Lim.

miércoles, 14 de mayo de 2014

DEPORTE ESCOLAR (III)

Os alumnos/as de Ponte Caldelas visitáronnos a semana pasada nunha nova xornada do Deporte Escolar.No noso ciclo destacamos no fútbol e un pouco no balonmán. No baloncesto e no axedrez,empatamos. O balance foi positivo porque con tal de movernos e de non estar en clase, xa estamos a favor.


lunes, 12 de mayo de 2014

COMO A VIDA MESMA (XIV)

Navegando pola rede hoxe atopei  estas interesantes "cousiñas" para recordar todos os días. Parécenme moi útiles e creo firmenente que se somos capaces de poñelas en práctica diariamente o mundo ten que converterse nun sitio mellor.
Darei 5 puntiños  a todos aqueles alumnos/as meus que ,de aquí ao luns 19, me comentedes aquí cal é a vosa frase favorita e por que e me propoñades outra cousa importante a ter en conta  cada día. Coñecéndovos seguro que saen grandes ideas!!!

domingo, 11 de mayo de 2014

¿TE ENTREVISTO?

Durante a Semana Santa, os nosos intrépidos xornalistas realizaron as súas entrevistas despois de habelas traballado na aula. Estamos realizando a súa redacción  para poder publicalas. Mentres tanto, aquí vos deixo o manual que seguimos traducido ao  castelán (por se fose do interese dalguén).

viernes, 9 de mayo de 2014

SOMOS EUROPEOS/AS


Hoxe, 9 de maio, celebramos na Unión Europea, o Día de Europa en recordo  da Declaración Schuman. Este ministro francés de exteriores propuxo,no ano 1950, que, despois da Segunda Guerra Mundial, Europa debía traballar unida para manter a paz. Este foi o xermolo  do que hoxe coñecemos como unión Europea , por iso se escolleu para celebralo o día da lectura  de dita Declaración.
Se clicades sobre a imaxe do cartel levaravos a unha estupenda compilación de recursos e materiais realizada por Lourdes Giraldo Vargas, onde atoparedes desde monarquías a natureza, pasando por países, linguas, bandeiras e un montón de cousas máis.
Celebramos o Día de Europa xogando?

miércoles, 7 de mayo de 2014

HORA DE LER

O outro día tocoulle ler a Lorena e fíxoo no libro de Mario, "Seres fantásticos" de Susaeta ediciones. Nesta ocasión limos o apartado das fadas pero teremos que seguir lendo porque  estas historia nos resultan apaixonantes.
 Eva fixo o propio cun libro que nos trouxo Sabela titulado "Dichos y refranes infantiles" da editorial Servilibro. Tamén nos entusiasmou!!!

lunes, 5 de mayo de 2014

COMO A VIDA MESMA (XIII)

Nestes tempos que corren, nos que o máis importante é a aparencia, o que posúes  de maneira material, conquistar o éxito pisando a quen sexa e xogarlla  ao tempo para ser eternamente xoven; traiovos esta esclarecedora fábula que atopei no blogue "Paraje de historias".Tal vez cando a leades poidades ver algo máis alá do que nos están marcando sociedade, medios de comunicación e publicidade.
Non vos conto nada máis, ide reflexionando porque a utilizarei para os próximos puntos.

domingo, 4 de mayo de 2014

FELIZ DÍA.


Para celebrar este día tan especial, quero deixarvos un pouco de humor. O sorriso é un dos mellores agasallos para o espíritu.
FELIZ DÍA A TODAS!!!!
En especial á miña , que me aguanta e me soporta incondicionalmente; que me ensina e me reprende coma se fose pequena e que , sobre todo, me quere e me protexe.
GRAZAS , MAMÁ!!!!

sábado, 3 de mayo de 2014

LIBERDADE DE PRENSA.


Creo que é evidente a miña querencia polas efemérides que considero interesantes e aínda que non podemos chegar a todas, polo menos ir sinalando algunhas que merecen a pena.
 O 3 de maio celebramos o Día da Liberdade de Prensa, xa que en 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, proclamou este día coa idea de "fomentar a liberdade de prensa no mundo ao recoñecer  que unha prensa libre,pluralista e independente é un compoñente esencial nunha sociedade democrática" .A data recorda a instauración de Declaración de Windhoek sobre a liberdade do exercicio do xornalismo.
 Para conmemorar este día, aquí vos deixo outra xugosa entrevista. Queredes saber de quen se trata? Lede, lede.

jueves, 1 de mayo de 2014

OUTRA DE PUNTOS.

Estes novos 5 puntiños van ser un pouco especiais. Teredes que xogar ao Quiz escollendo unha resposta para cada pregunta e despois, para evitar rexistros innecesarios,  entregarédesme as respostas por escrito. É bastante fácil. Recordade que tedes dúas entradas no blogue con información ao respecto e podedes consultalas para obter o mellor resultado. A data de entrega será o venres 9 de maio.