jueves, 22 de mayo de 2014

O PRÍNCIPE QUINO.


Hoxe falaremos de Joaquín Salvador Lavado Tejón, nacido fai 82 anos en Mendoza (Arxentina). Que ten de especial este señor?Coñecido mundialmente como Quino, este debuxante gráfico deulle a vida , desde a súa pluma, á mundialmente coñecida Mafalda. Esta nena , rebuldeira e filósofa, que aborrece a sopa e gosta de poñer patas arriba  a vida daqueles que a rodean, naceu muda fai cincuenta anos. Pero co paso do tempo, por consello ou obriga, as palabras comezaron a deixarnos frases tan célebres como "Paren o mundo que me quero baixar".E hoxe están de noraboa , porque Quino ven de gañar o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
Para saber máis sobre estes galardóns , creados en 1981, e outros premiados, clicade na imaxe.
Festexemos este premio gozando do bo saber facer dun xenio.








PARABÉNS,MESTRE!!!

4 comentarios:

  1. Unha gran homenaxe, Anabel. Unha aperta e boa finde.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas, Ana. Boa finde a ti tamén. Un bico.

    ResponderEliminar
  3. O video esta super chulo.

    ResponderEliminar
  4. Supoño que te refires ao de bailar. É precioso.

    ResponderEliminar