Imaxe obtida en www.milesdetextos.com
Dende o ano 1982 vimos celebrando, o 29 de abril, o Día Internacional da Danza. Foi establecido polo Comité de Danza do Instituto Internacional do Teatro da UNESCO para atraer a atención sobre esta disciplina artística.
Se queredes máis información e recursos sobre o tema, visitade a páxina do intef.
Como xa temos no blogue varias entradas sobre a danza con moitos vídeos e información, permitídeme que este ano volva a mencionar a alguén importante para min. No ano 2013, o meu curmán Pablo e os seus compis de academia, lograban en Riesa(Alemania) o primeiro premio no festival de Showdance. Este ano veñen de gañar un ouro no campionato de España con esta innovadora coreografía que fusiona a música tradicional galega co hip hop. Esta rapazada, con tantas gañas e ilusión, quere participar no Mundial de Danza que terá lugar en xuño no noso país. Necesitan apoio e difusión para obter patrocinadores. Entre todos podemos conseguilo. Gozade do seu baile e seu bo facer!!!