venres, 1 de marzo de 2024

EN MARZO...

Imaxe de Anja en Piaxabay.com
Xa  estamos en marzo e parece que a primavera se resiste a visitarnos. Nós, por iso, non nos imos botar atrás; celebaremos con ledicia todo o que este mes nos queira agasallar.Pero antes, como ven sendo habitual, descubramos a artista do mes.

xoves, 29 de febreiro de 2024

DESFILE DE ENTROIDO (2024).

Imaxe de ArtRose en Pixabay.com
Este ano o noso Entroido foi especial. Foino por varios motivos pero, o principal, é que fixemos o desfile por Forcarei fóra de data. Xa vedes, o tempo que é moi traizoeiro! Como o día 9 de febreiro estaba unha mañá especialmente desapacible decidimos adialo para o 16.  O día anterior nas tiñamos todas con nós (o pronóstico era regular) pero chegado o momento, lanzámonos á aventura!

venres, 23 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA (2024).

Cadro de Rosalía de nova de Herber Luis Gil
Que día tan emocionado e emocionante o que hoxe vivimos no cole! Rosalía, máis viva ca nunca nos beizos do noso alumnado,espallándose no ar con cada verba pronunciada e enchendo de vida as nosas almas desexosas de arte. Rosalía, antes viva, ca danzando coa Estadea da Compaña na dimensión oculta que a nosa lingua viviu nos Séculos Escuros.

mércores, 21 de febreiro de 2024

RECURSOS ROSALÍA (2024).

Imaxe de RJ na Páxina do Instituto Quevedo de las Artes del Humor
A nosa Rosalía , sempre presente, visualízase máis se cabe no mes de febreiro. Por iso vos ofrezo algúns recursos ben interesantes neste marabilloso día da Lingua Nai.

venres, 16 de febreiro de 2024

FESTA DE ENTROIDO (2024).

Imaxe de Tom und Nicki Löschner en Pixabay.com
Deixamos os mandados do Meco no mércores. Para o xoves, levantou o castigo e deixounos vir con disfrace libre. Así lucimos!