luns, 30 de setembro de 2019

SEGUIMOS DUPLICANDO.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Coa chegada do fin de setembro aparecen no calendario dúas datas reivindicativas que celebrar: o Día Internacional das Persoas Xordas e o Día Internacional do Trastorno Específico da Linguaxe.
Imaxe atopada na rede
Na última semana de setembro centramos a mirada nas persoas que teñen dificultades para oír e, no derradeiro domingo do mes, acae o Día das Persoas Xordas. Para ter máis información , preme sobre a imaxe superior ao texto.
Queredes coñecer a historia de Tamara? Prestade atención e esta preciosa curta de House Boat Animation Studio.
Obtido no canal de Dis kapazidad
Imaxe obtida en atelar.org
O día 30 fixámonos no Trastorno Específico da Linguaxe, que é unha patoloxía da linguaxe que tradicionalmente se considerou evolutiva (Aguado, G., 2002). A ASHA (American Speech-Language-Hearing Association) defíneo como unha anormal adquisición, comprensión ou expresión da linguaxe oral ou escrita.
Obteredes máis datos se consultades as entradas de anos anteriores aquí.
FELIZ DÍA!!!

venres, 27 de setembro de 2019

MÓVETE!!!

Imaxe atopada en Pixabay.com
Hoxe celebramos no cole o Día Europeo do Deporte Escolar. Un día dedicado a divertirse, a estar xuntos, a promover a actividade física e a saúde para todos/as. Para evitar a obesidade  impúlsase a actividade física que evita o sedentarismo.
Estivo con nós para celebralo a nosa querida Priscila, que xa case é parte do cole porque sempre nos acompaña nas festas. E démolo todo bailando zumba despois do recreo. Gustaríame poñervos algunha foto pero como me dediquei a bailar.... non teño ningunha.
Imaxe atopada en Pixabay.com
Por outra banda, este 27 de setembro estaba convocada unha folga mundial do clima. De carácter marcadamente estudiantil, preténdese concienciar aos líderes políticos de que tomen medidas urxentes para acabar coa crise climática.
O meu granciño de area para contribuir  a este evento é compartirvos un listado de libros para fomentar a conciencia medioambiental. Cada un debe aportar dende o seu campo. Atopeina na páxina de Club Peques Lectores.
FELIZ DÍA!!

mércores, 25 de setembro de 2019

CAIXÓN DESASTRE.

Montaxe creada con PiZap
Este ano xurde pronto a nosa sección do "Caixón Desastre" porque como o luns comezou o outono e, ven con algo relacionado..... Tiña que aparecer!
Xa cambiamos de estación e na clase falamos sobre as características desta nova época na que estamos. Para  que repasedes algunha delas, aquí está esta canción do CantaJuego sobre o tema que nos ocupa.
Obtido no canal de Youtube Cantajuego VEVO
Tamén atopei esta bonita poesía de  Mª Rosa Negrín. Sodes capaces de lela? Se vos custa un pouquiño podedes pedir axuda.
FELIZ OUTONO!!

sábado, 21 de setembro de 2019

DOUS POR UN.

Imaxe obtida na rede
Hoxe temos a sorte de celebrar dous días nun ;como as ofertas do súper! Por unha banda,  o Día Internacional da Paz. Como xa sabedes, nós dedicámoslle máis atención en xaneiro (porque temos  unha data escolar) pero non está de máis falar dunha das cousas máis importantes que precisamos os seres humanos para convivir. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas escolleu o 21 de setembro para dedicalo ao fortalecemento dos ideais de paz entre os pobos.  A campaña deste ano céntrase na importancia de combater o cámbio climático para  promover e protexer a paz no mundo.
Para saber algo máis, premede na imaxe.
A outra conmemoración que nos acompaña é o Día Mundial do Alzheimer, instituído pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciado polo Alzheimer´s Disease International (ADI) en 1994. O lema elexido este ano pola CEAFA é #Evolución, que implica os cambios que se producen na enfermidade e os que deben realizarse enfocándose aos coidados. Se clicades sobre o cartel, teredes máis información.
Cartel da CEAFA
Quero déixarvos este conto, "La abuelita necesita besitos"(que o temos na nosa biblio),para que entendades un pouquiño mellor que pasa con esta enfermidade.
Obtido no canal de Youtube de Marilo Garces
Pasádevos a ver as entradas de anos anteriores premendo aquí.
FELIZ DÍA!!!

mércores, 18 de setembro de 2019

PRIMEIRO DÍA.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Con cariñas de sorpresa e incertidume entraron os meus novos "perellos" de 1º na súa aula. Xa na fila , díxenlles de ir cara o pasillo de Infantil pero eles tiñan claro que tocaba cambiar de lado. Como lles comentei que non sabía se habería unha aula para eles , fomos na súa procura cun pouco de "mosqueo". Vimos o letreiro, entramos dentro e... estaba baleira!!!
-Pois para nós!- sentenciei.  E así foi como chegamos este ano á clase. De todos os xeitos, despois atopamos unhas pistas colgadas na cortiza para averiguar os nosos sitios. Foi divertido!
Deste xeito comezamos o curso. Como rematará? Seguide as nosas andainas para saber máis!