luns, 29 de febreiro de 2016

XOGO EXIPCIO.

Xa sei que aínda non rematamos de contar como foi o noso proxecto do Reino Unido pero, como xa estamos metidos de cheo  nunha nova aventura (o fascinante Exipto), non podo deixar pasar a ocasión sen compartir algo sobre o tema.Que vos parecen uns xogos relacionados co que estamos traballando?
Pois aí vos quedan para que os gocedes!!!

-Se queredes avanzar dentro desta pirámide de bbc.co.uk teredes que atopar o número que falta nas operacións. Empezade polo máis fácil que o último nivel... non é para primeiro!!! (1º,2º e 3º sería)
- Agora unha de xeroglíficos. Mirade que máquinaa de escribir máis molona de discoveringegypt.com.
-En Hellokids.com aparecen  crebacabezas. Recoñecedes que son?
-E na mesm páxina tamén tedes para colorear on line ou imprimir os monumentos que vimos. Quen se lembra?

sábado, 27 de febreiro de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(III).

Portada do meu proxecto para o curso.

Como o curso do PLATEGA: Métodos innovadores na xestión da aula de primaria tamén abordaba a Aprendizaxe Baseada en Proxectos aproveitei o tema para aprender e poñer en práctica o que ía descubrindo.
Cóntovolo por partes:
1.No inicio do proxecto fixemos unha recollida das ideas previas a través da técnica do Remuíño de ideas. Unha vez expresado todo aquilo que xa sabiamos do tema, puxémolo por escrito.
Aí démonos conta que  non tiñamos demasiados datos sobre a gastronomía do Reino Unido.
2.Optamos por seguir  a nosa investigación cara o que nos interesaba aprender do tema en cuestión. Tamén  o  puxemos por escrito.
3.Aquí foi onde decidimos, entre todos/as, elaborar un guión para saber que apartados tocar:
-Coñecer onde está Reino Unido (e Londres, onde comeza a historia).
-Saber cantas comidas fan os ingleses.
-Averiguar os seus horarios para comer.
-Como se chaman eses períodos.
-Saber o que comen .
4. Pedimos información ás familias, pasamos pola biblioteca do cole, buscamos na Internet....

Na próxima entrada contámosvos como continuou o noso proxecto.

mércores, 24 de febreiro de 2016

DÍA GRANDE.

Imaxes de Rosalía creadas polas artistas Aurora Cascudo,Uqui Permui, Aladara Prado e Paula Mayor.

Xa chegou o día!!!! E fixemos unha pequena e preciosa homenaxe no cole,  que vos presentaremos en breve.
Dende a nosa biblioteca ofrecémosvos a canción "Rosalía pequeniña", do libro-disco do mesmo nome, que editou Galaxia na colección Sonárbore en 2013. Está ilustrado marabillosamente por Marina Seoane e cantado por unha serea que se chama Uxía.
Sobre esta cantiga fixemos  ilustracións de estrofas e recitado da mesma. Ao final, cantámola entre todos/as. Participaron varios cursos, entre eles primeiro, pero a profe sólo o celebrou, porque estivo un pouco pachucha. Graciñas por deixarme participar!!!
Aquí tamén aparece un estupendo LIM para coñecer mellor á nosa autora.

E para rematar, aí vai a miña humilde homenaxe  a Rosalía que sae  da pluma e o papel. Que vos guste!!!
Montaxe realizada con PiZap.

martes, 23 de febreiro de 2016

ESPERANDO A ROSALÍA.

Imaxe do cartaz do Concello de Silleda para  o Día de Rosalía.

Mañá será un día moi especial para as nosas Letras, porque celebraremos o 179 aniversario do nacemento  dunha das nosas escritoras máis senlleiras. 
Rosalía de Castro nacía un 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela e viña ao mundo para levar o idioma galego ao recoñecemento mundial. Se queredes traballar este día , aquí vos deixo algunha das moitas opcións que hai:

-No blogue colectivo Actividades LIM aparecen recursos sobre a autora.
- Na Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e dinamización Lingüística atoparedes cousiñas de interese.
-En Hablandodetodounmucho hai moi bo material.Premede sobre o enlace.
-Tamén podedes botarlles un ollo ás entradas de anos anteriores. Premede aquí.
-Utilizando de base esta fantástica presentación de Educa Barrié, creei un par de brincaletras sobre Rosalía. Teñen as mesmas preguntas pero para os máis cativos teñen a opción de escoller e para os maoires hai que escribir.

Este para os máis pequenos.

Este para os máis grandiños.

luns, 22 de febreiro de 2016

PERELLA APARECE.

Montaxe realizada con PiZap.

Non tiveramos novas de Perella dende o Nadal, cando nos deixara figuriñas e piruletas de chocolate para agasallarnos  por aquelas datas. E de súpeto, apareceu unha nova carta!!!No mes de xaneiro, a nosa compañeira Ana de 5º deixáralle unha carta e, polo Nadal, Diana e Paula Campos de 6º, enviáranlle unhas postais preciosas. Así é que a nosa fada quixo corresponderlles o detalle cunha contestación conxunta para as tres(nas fotos non sae Diana porque estaba ocupada facendo un exame.)
Montaxe realizada con PiZap.

Animádevos a escribirlle chicos/as; seguro que lle fai ilusión!!!