Como non podía ser doutro xeito o conto que nos escribiu César deu para moito .Aquí vos düístaseixo os debuxos que fixeron os seus protagonistas da súa propia aventura.
domingo, 30 de xuño de 2013
martes, 25 de xuño de 2013
EXPERIMENTO.
Ola chicos/as!!!!
Acabo de recibir un comentario de Paula Campos desde Madrid na entrada do Deporte Escolar. Entón pensei que, sería interesante ter un lugar onde comunicarnos se non queremos escribir nada sobre unha entrada, e púxenme mans á obra cun novo experimento. Fun ao blogue da profe Vane(http://ospicarosdevane.blogspot.com.es/) e copiei a idea dunha caixa de comentarios para falar. A ver que sae de aquí!!!Coloqueina debaixo da nube de etiquetas no lado dereito do blogue.
Tendes que clicar enriba de nome e escribir o voso nome e facer o mesmo en mensaxe para escribir o que queirades, despois darlle ao OK e xa está.
Espero os vosos comentarios ( os de todo o mundo que teña algo interesante que dicir) pero se non chegan, porque estamos en verán, xa faremos que funcione durante o curso.
Boas vacacións!!!
mércores, 19 de xuño de 2013
A VOZ DUN SOÑO.
O pasado venres, día 14, tivemos a sorte de contar na nosa aula coa presenza de César López Cachafeiro. Este mecánico de profesión e escritor de vocación quixo pasar parte da súa mañá con nós para recibir as nosas impresións sobre o conto co que decidiu agasallarnos; "Malamén".
Xa puideramos gozar da súa lectura e de facer debuxos previos sobre o noso monstro particular, pero a súa visita foi xenial. Formulámoslle una morea de preguntas, deunos consellos para escribir mellor as historias, leunos o final do conto e tamén nolo asinou a cada un de nós. Solo podemos dicirche:
GRAZAS, CÉSAR!!!
luns, 17 de xuño de 2013
QUEN É O MALAMÉN?
Fai uns días(a finais de Maio) chegou ás miñas mans un conto titulado "Malamén". Nel faise unha descrición do ser que lle da título á historia:
"(...) Malamén,un mounstruo malvado, una especie de lagarto mutante muy especial que desea la ignorancia de la humanidad para someterla bajo su mandato...y que además
disfruta haciendo el mal en general."
Pero quen é realmente este monstro? Pedinlle aos nenos que tentasen averígualo.
Este foi o resultado.
Pero quen é realmente este monstro? Pedinlle aos nenos que tentasen averígualo.
Este foi o resultado.
domingo, 16 de xuño de 2013
ADIVIÑANDO.
Agora, ao final de curso, acumúlase o choio!!!Mentres me poño ao día.....por que non xogar a adiviñar de que ferramenta se trata?
Adiante !!! Creamos estes acertixos para que vos divirtades xogando.
Que estades a esperar?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





