venres, 8 de decembro de 2017

O QUE OUTONO NOS DA.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
O pasado mes de novembro fixemos no cole unha exposición sobre produtos do outono. Cada aula, encargouse de escoller un froito, investigalo e elaborar un cartel informativo. Posteriormente, no salón de actos, montamos unha pequena exposición co resultado do noso traballo. Mirade que bonita quedou!!!
A clase de primeiro escollemos o millo, xa vos ensinaremos como foi a investigación.
Como colofón a esta magnífica iniciativa, que menos que unha degustación dos produtos investigados. Ollade a nosa mesa!!!
Había moitas cousas ricas:  produto fresco (uvas, granadas, pipas de cabaza e figos ), produto elaborado ( doce de marmelo e de mazá, pan de millo,pan de figos...) e un repertorio de doces que tivo moito éxito (biscoitos de noces, mazá, cabaza...). Os nosos flocos de millo tamén voaron. Non quedou nadiña!!!
Montaxes realizas con Pizap.

martes, 5 de decembro de 2017

O QUE MÁIS NOS GUSTOU.

Xa vos dixen que vos ensinaría o que máis nos gustou da charla que  nos deu  Roberto.  Aquí está o resultado!!!
Pero tamén recollimos o mellor da festa do Magosto. Vealí queda iso!!!

domingo, 3 de decembro de 2017

CAPACIDADES DIFERENTES.

Imaxe atopada na rede.
Todos os 3 de decembro, obsérvase no mundo o Día Internacional das persoas con Discapacidade. O seu obxectivo é chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos fundamentais  relativos á inclusión na sociadade das persoas con discapacidade. Pero se son persoas, xa pertencen á sociedade por pleno dereito, non? Como seres humanos temos virtudes e defectos , capacidades diferentes e cousas que nos custan máis. Iso pásanos a todos!!!! E senón, pasádevos pola nosa clase e veredes que a primeira que se equivoca é a profe; que recorta torto e moitas cousas máis que non vos vou contar. Por iso entendo a quen lle custa, o que non paso é que non se intente. 
Para alegrarvos  o día déixovos unha canción de Andaluna e Samir que ten que ver coa integración.
Obtido no canal de Youtube de AndalunaySamir.
Imaxe de Loqueleo Santillana.
Premede aquí para ver as entradas doutros anos.
FELIZ DÍA!!! 

venres, 1 de decembro de 2017

COMEZA A CONTA ATRÁS!

Como todos os anos, chegado o 1 de decembro, empeza a conta atrás para chegar ao ansiado Nadal. Déixovos a aplicación deste ano de Google, "Segue a Papá Noel",para que vaides contando os días.

xoves, 30 de novembro de 2017

CASTAÑADA.

A véspera do San Martiño celebramos no cole o noso magosto. Como foi pola mañá, comezamos comendo as castañas no recreo. Este ano fixemos uns cestiños reciclando botellas de auga que quedaron bastante ben. Non vos parece?
O profe Javi e o profe Julio foron os encargados de asar as castañas  no patio; aínda que houbo máis colaboradores.
 Mentres eles traballaban nós fomos á clase dos nenos/as de 3 e 4 anos a facer unha manualidade ( xa o contamos noutra entrada).
Cando xa estabamos "fartiños" tivemos que baixar todo o que comeramos e fomos xogar(por  quendas)aos diferentes xogos que houbo este curso.Volvemos a facer grupo cos nenos/as de Infantil 5 anos. Xogamos ao Papacastañas, o Sementa e apaña, a un mini golf, a Toma castaña!.... Tamén bailamos e fixemos carreiras.
Montaxes realizadas con PiZap.
FOI UN DÍA ESTUPENDO!!!