Este 2016, no que se cumpren 400 anos do pasamento de D. Miguel de Cervantes Saavedra, decidimos celebrar a súa persoa e a súa obra participando(outro ano máis) no proxecto colaborativo "Cervantes con las TIC". Ven sendo unha prolongación do proxecto do curso pasado"El Quijote con las TIC"e segue capitaneado pola xenial Lourdes Giraldo Vargas.
Deixovos o acceso ao libro virtual (tamén quedará no lateral do blogue)para que poidades ir vendo os nosos traballos (número 39) e os de todos os participantes.
E tamén unha nube de palabras feita cos vocablos que utilizamos para definir ao autor nos acrósticos.
E para rematar co Reino Unido, Biblo, propúxonos contarlles aos nosos compañeiros e compañeiras parte do que aprenderamos durante a nosa investigación. Asemade, nós tamén escoitamos aos demais nenos do cole e foi moi enriquecedor.
Foi así como conseguimos o noso primeiro selo no pasaporte e integrar o noso traballo nunha completísma guía sobre o Reino Unido, que tamén visitou todas as clases.
Como recompensa ao noso traballo , velaquí o selo no noso pasaporte de aula.
Hoxe,2 de maio , celébrase o Día Mundial da Loita conta o Bullyng. Outra data que non me fai ningunha graza que exista no calendario. Pero, que é o bullying? Bullying é un anglicismo que non forma parte do dicionario nin Da Real Academia Española (RAE) nin da real Academia Galega (RAG), pero cuxa utilización é cada vez máis habitual no noso idioma. O concepto refírese ao acoso escolar e a toda forma de maltrato físico, verbal ou psicolóxico que se produce entre escolares, de forma reiterada e ao longo do tempo.( Fonte da información: http://definicion.de/bullying/).
Resumindo, non debemos portarnos mal cos compañeiros/as nin consentir que outros o fagan. Así que xa sabedes,
NON AO BULLYING!!!
Hai un tempo saiu unha campaña publicitaria para Android sobre este tema. Mirade, mirade, a ver que vos parece.
Obtido no canal de Youtube de Nuria Sánchez Romanos.
Non creo que precisemos un día especial para recoñecer o que diariamente fan as nosas mamás por nós pero , por se non llo valoramos o suficiente (que pode pasar),hoxe darémoslle as GRAZAS con maiúscula.
Primeiro, cunha poesía preciosa sobre unha estrela.
O Día Mundial da Danza festéxase en todo o mundo o 29 de abril desde o ano 1982. A intención deste día é reunir a todos os xéneros da danza para homenaxear esta manifestación artística e a súa universalidade, que é capaz de atravesar claquera barreira política, cultural ou étnica e unir ao mundo. (Fonte:http://www.ite.educacion.es/)
A data escollida coincide coa do nacemento de Jean-Georges Noverre (1727-1810) creador do ballet moderno.
Para celebralo vouvos deixar uns fragmentos de danzas que aparecen na película "Fantasía" de Disney. e na súa secuela" Fantasía 2000".Estas fantásticas obras son coleccións de interpretacións animadas de grandes obras da música clásica.
-Danza rusa (Crebanoces de Piotr Ilich Chaikovski)
Obtido no canal de Youtube de Cinefilo Moviebook.
- Flamengos ( O carnaval dos animais de Camille Saint Saëns).
Obtido no canal de Youtube de Avi Alkalai.
-Danza das horas (A Gioconda de Amilcare Ponchielli)
Obtido no canal de Youtube de Mario Pintos.
Grazas a todas e todos os bailaríns do mundo que coa vosa sensibilidade e entusiasmo nos facedes sentir a arte de maneira tan sublime e á vez cercana.
FELIZ DÍA DA DANZA!!!
Como o día 30 é o Día do Jazz deixovos un capítulo da Panteira Rosa para que disfrutedes cos debuxos e coa súa estupenda banda sonora, escrita polo compositor Henry Mancini