luns, 18 de xaneiro de 2016

RECURSOS DE INVERNO.

Nesta ocasión preséntovos os recursos do inverno compilados nun taboleiro Pinterest. Podedes atopar un pouqiño de todo: fichas, mandalas, manualidades, poesías, decoración de portas, algunha receita....Só tendes que clicar na imaxe e acceder.
Deixovos tamén un par de xogos para ir abrindo boca:
- Un para vestir ao boneco de neve.
     Xogo atopado na rede.
-E un crebacabezas de Dora e o seu amigo Botas na neve.
Xogo atopado en MiPuzzle.com

Recordade que poderedes atopar estes recursos tamén na etiqueta  da barra lateral dereita  "Recursos Catro estacións".

venres, 15 de xaneiro de 2016

DIGALEGO.

Preme na foto para acceder.

O pasado luns, día 11 de xaneiro, presentouse DIGALEGO, o novo dicionario en liña na nosa lingua con máis de 65.000 entradas. Según o Secretario Xeral  de Política Lingüística, Valentín García Gómez , a  iniciativa materializouse grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que fixo posible que esta obra, á que a coñecida editorial lle dedicou máis de 20 anos de traballo e investigación, pase a ser propiedade da Administración autonómica.
Aparte de todos os vocablos que contén poderedes conxugar os verbos e tamén consultar todas esas palabriñas que utilizamos pero que non son correctas (castelanismos, vulgarismos, estranxeirismos....)
Como me parece moi útil, deixaréivolo na columna lateral dereita onde aparecen as Páxinas para saber máis.
Espero lle saquedes moito partido!!!

martes, 12 de xaneiro de 2016

PREMIO BOR LITARCIHIS BLOGGER.

Premio recibido do blogue : http://escueladeblanca.blogspot.com.es/2016/01/premio-bor-litarcihis-blogger.html

Comezamos o ano da mellor maneira posible!!!!Recollendo con toda a ilusión , un premio que nos concede Blanca Lafarga, do blogue  Escuela infantil castillo de Blanca. Supoño que xa coñecedes o blogue pero, se non é así, debedes pasarvos porque sempre ten cousiñas ben interesantes. Grazas, Blanca, por pensar que este blogue é merecedor de dito premio.

SIGNIFICADO DO PREMIO.
BOR: Blog ORixinal
Litarcihis: Acrónimo da mención aos blogues sobre:
-Literatura (libros,poesías,relatos e todo tipo de escritura fantástica, terror, ciencia ficción...)
-Arte (pintura,escultura, música, arquitectura, decoración, cociña, cine, teatro,...)
-Ciencia (bioloxía, natureza, arqueolxía,ecoloxía, física, matemáticas, astroloxía, botánica)
-Historia(todos aqueles que falan do noso pasado e recordan con fotos e escritos o que a memoria esquece)
Bloggers: un premio concedido non só ao blogue senon tamén ao creador que o curra e o maquea dándolle presenza estética e realce para que quede bonito a simple vista ademáis de levalo con contido aditivo.

NORMAS:
-Agradecer ao autor e ao blogue que cho concede.
-Publicar o premio nun lugar visible do teu blogue.
-Nominar varios blogues (un máximo de 10).

domingo, 10 de xaneiro de 2016

FILOSOFANDO.

Este ano concedéronme , por vez primeira, un curso on line de PLATEGA (Plataforma  de Teleformación de Galicia).PLATEGA é unha forma de educación xurdida co desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación. O seu fundamento é aproveitar a facilidade de distribución de materiais formativos e as ferramentas de comunicación das redes informáticas para crear un contorno de ensino e aprendizaxe. Deste xeito, e mediante unha conexión á rede Internet, os usuarios poden realizar actividades interactivas, acceder aos materiais precisos para adquirir o coñecemento, recibir axuda, realizar comunicacións ou avaliar o seu progreso.
 E a que ven todo este rollo? Pois ven a que, unha vez rematado Métodos innovadores na xestión da aula de primaria, gustaríame mostrarvos unha das prácticas que levei a cabo durante o curso: unha sesión de filosofía na aula arredor dunha pintura. A sesión centrámola nun lenzo de Tarsila do Amaral titulado "O pescador", que lles presentei en branco e negro.
Imaxe obtida no Baú da Tia Sonia
Aquí vos deixo a transcrición da sesión, da avaliación figuro-analóxica e dunhas actividades que xurdiron posteriormente: colorear o cadro xustificando as cores escollidas e darlle un novo título.
Grazas as miñas titoras, Mar Santiago Arca e Ana González Vidal, por todo o que me ensinaron neste curso e tamén, a quen sempre recurro cando estou atafegada.Miña pobre, sempre é a mesma!!!!

venres, 8 de xaneiro de 2016

COUSIÑAS DUN TRIMESTRE.

E antes de comezar o segundo trimestre con  moitas gañas e ilusión, imos rememorar algunha das actividades que fiexemos no pasado.Lembrádesvos?