xoves, 31 de decembro de 2015

PORTAL DE BELÉN.

Para despedir o ano seguimos falando das cousiñas que fixemos en Plástica e, para Nadal ,decidímonos por un Portal de Belén "made in na casa". (Eu buscara unha estreliña  para facer con depresores pero cando tiñamos todo pintado  alguén recordou que xa fixeran unha o ano anterior. AHHHHHGGG, cambio de plans!!! Non pasa nada; somos docentes con recursos e programación flexible.).
Esta foi unha manualidade moi sinxeliña de facer pero leva tempo porque solo pintar os depresores xa hai que facelo en dúas sesións(hai que esperar a que seque dun lado). Despois coloreamos o debuxo da Virxe, S Xosé e o Neno; unha voltiña de cola, unhas estreliñas brillantes e....Voila, portal rematado!!!
Gústanvos?

martes, 29 de decembro de 2015

PRIMEIRA SAÍDA.

Imaxe obtida en  http://www.redescena.net/

Neste mes de decembro tivemos a nosa primeira saída do curso.Desprazámonos, xunto cos nenos/as de 2º e os do cole de Soutelo de Montes, ata Pontevedra para disfrutar dunha estupenda obra de teatro titulada "Lío en la granja". Esta peza, enmarcada dentro das actividades que ofrece Afundación de Abanca,deixounos moi bo sabor de boca porque despois de todo o lío que se organiza, nada é o que parece.
Aquí vos quedan unhas fotos nosas e da función.
Montaxes realizadas con piZap.

E para que quede constancia do atentos que estivemos, estrenámonos nas crónicas. A ver que vos parecen!!!

luns, 28 de decembro de 2015

ESTRELA, ESTRELIÑA.


Outra das actividades que fixemos no primeiro trimestre foi visitar un planetario.Este era moi especial, xa que non nos tivemos que desprazar demasiado, solo subir ao segundo  andar do cole. 
Que como é isto? Pois moi fácil; visitounos o Planetario viajero de EduCaixa.
Premede na imaxe para obter información.

Así que un día subimos e dedicámonos a ver as estrelas, os planetas e a coñecer a orixe dos seus nomes.Resultou moi interesante e aprendemos algunhas cousiñas. Alguén sabe cal é a estrela que non se move? Aí volo deixo. Investigade e saberédelo!!!


domingo, 27 de decembro de 2015

FOLLA DE OUTONO.

Outra das actividades que realizamos  na clase de Plástica foi unha folla de outono que saquei de Internet.
Xogamos coas cores cálidas para colorear a folla e as frías para colocarlle arredor. Velaquí o proceso.
Para rematar, quixemos facerlle un marco de cartolina, que picamos e coloreamos con témpera e esponxa.A ver se vos gusta!!!

venres, 25 de decembro de 2015

PERELLA E O NADAL.

Neste familiar 
día de Nadal, 
coméntovos as novas 
da nosa fada particular.
Pois desde a última conexión , Cris tivo a ben escribirlle e a fada, contestoulle.
Despois apareceu  docemente con motivo das Festas; a todos nos pareceu unha visita do máis axeitada.
E como agasallo neste día de Nadal, a Fada Perella, envíavos esta preciosa curta para que gocedes grandes e pequenos. Uns descubrindo a maxia e outros tentando non esquecela.
BO NADAL!!!

xoves, 24 de decembro de 2015

FELIZ NADAL!!!


Para as familias da aula,para os compis do cole, para os nenos /as do centro, para os amigos/as virtuais, para os que se pasan polo blogue, para os que comentan e os que non o fan; para todo o mundo en xeral....
FELIZ NADAL!!!

luns, 21 de decembro de 2015

A VIDA ÁBRESE PASO.

Xa sabedes que os finais de trimestre son un pouco..."apuradillos" e sempre se acumulan cousas que queremos ensinar pero non da tempo. Aproveitando este tempo de vacacións tentarei poñerme (e poñervos) ao día do que fixemos nestes meses.
No mes de novembro, a profe Nila e os nenos/as de 3 anos invitáronnos á súa aula, porque estaban esperando unha chegada moi especial. Isto foi o que nos atopamos alí.
Unha pequena incubadorora con varios ovos e unha conta atrás debuxada no encerado. Xa faltaba pouco. E cumprido o tempo....naceron os pitiños!!!!
Esta vez fomos a velos á clase da profe Soraya e dos nenos/as de 5 anos. Fixádevos  o ben que o pasamos.
GOZAMOS MOITO COA VISITA. GRAZAS!!!

domingo, 20 de decembro de 2015

XOGOS NAVIDEÑOS.

Imos aproveitar as festas para xogar un pouco , parécevos?
Mirade, mirade o que atopei!!!

- Na páxina mathplayground.com este crebacabezas no que colocaredes a peza sobre o resultado da suma.
-Tamén podemos xogar coas restas e crear crebacabezas con esta actividade de thekidpage.com.
-En Actividades para Educación infantil de Blanca B. atopei esta árbore para decorar, que nos vai axudar moito no manexo do rato.
- No blogue da nosa amiga Blanca Lafarga, Escuela infantil castillo de Blanca, vin este xogo de memoria diferente. Premede sobre o botón verde, memorizade os obxectos e despois  colocádeos nos vagóns.
-E outro de sumas sinxeliñas.
FELICES XOGOS!!!

venres, 18 de decembro de 2015

CENTROS DE OUTONO.

Imaxe obtida en Pixabay.com

Outra das actividades que fixemos en clase de Plástica foron uns centros de outono. Trouxemos á aula cousiñas que son típicas desta estación como follas,castañas, noces, etc ....para compoñer o noso centro de mesa outonal. Comezamos por pintar de marrón unha bandexa de cartón (utilizamos a técnica da esponxa que é máis fácil para pintar), despois clasificamos os materiais a utilizar , fomos collendo os que máis nos gustou e compoñendo o centro e, por último, a profe, coa pistola de silicona, fixou os nosos traballos.
Aquí vos mostramos a  preparación:
E aquí o resultado final:

luns, 14 de decembro de 2015

SEGUE A PAPÁ NOEL!!!

Encantoume este "Sigue  a Papá Noel" da páxina de Google que fai unha conta atrás para a chegada do mencionado personaxe. Cada día actívanse novos xogos super interesantes. Queredes divertirvos? Pois a xogar!!!!
Recollido no blogue Juegos Educativos Online Gratis de Antonio López.

sábado, 12 de decembro de 2015

HORA DE LER (III)

Montaxe feita con Pizap.

O terceiro  en participar nesta sección foi o compi Constante, que nos trouxo un libro en galego de Fina Casalderrey, "Lume". Mirade  que conta:
Ía moita calor e Tor, o meu can, asábase no xardín. Tamén se asaban unhas sardiñas nas brasas da barbacoa. Engadín unhas follas de xornal e...¡¡¡Lume!!!
Xa sabemos que co lume non se pode xogar pero o noso protagonista deixouse levar e....como rematará a historia?
Como fixen nas entradas anteriores busquei o conto en vídeo pero non houbo sorte. Ofrézovos, a cambio, a historia de "La princesa de fuego". A ver se vos gusta!!!

(Obtido en Youtube- Pedro Pablo Hernández)

mércores, 9 de decembro de 2015

NADAL EN RECURSOS.

Chegadas estas datas, todos e todas, andamos a mil por hora: ensaios, avaliacións, flecos, últimas horas..... En fin, que non  temos moito tempo!
Este ano a compilación de Nadal fágoa botando man de  super profes que se organizan moi ben e nos ofrecen post super interesantes cun montón de recursos. Se premedes sobre a imaxe accederedes á páxina.
GRACIÑAS,COMPIS!!!

domingo, 6 de decembro de 2015

CORREO CON PERELLA.

Seguen as comunicacións co mundo das fadas, xa que Carlos e Sheila(de 5º) quixeron porse en contacto coa nosa fada particular. En poucos días obtiveron as súas respostas. Atreveranse os nenos e nenas de 1º a establecer relacións de correspondencia?
ANIMÁDEVOS CHICOS/AS!!!

xoves, 3 de decembro de 2015

FIXÉMONOS NAS CAPACIDADES.

Imaxe obtida na páxina do Intef.

Hoxe, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Foi establecido polas Nacións Unidas co obxectivo de chamar a  atención  e movilizar apoios con respecto á inclusión  de persoas con discapacidade na sociedade.
Para que vexades que o importante non é o que nos falta senon o que posuimos, deixovos esta preciosa historia desta nena e o seu can Coco.

Obtido en Youtube: Escuela para niños y niñas ciegos de Guadalajara A .C.

Fixádevos no que nos di Talentina, esta falangueira nena de cinco anos, entusiasta e optimista. Creo que lle imos ter que seguir a pista, non credes?
Imaxe obtina no blogue Desarrollo del talento.