Este mes de decembro o noso calendario escolar énchese de cor, natureza e coñecemento gracias ao noso PDI, dedicado a descubrir e valorar os Tesouros Verdes de Galicia.
Non sei se rápido ou lento pero si sen sentir, presentouse decembro e chamou á porta. Por iso aparecen as efemérides deste mes e podedes consultalas, coma sempre, premendo da imaxe.
O martes pasado todo o alumnado asistimos ao salón de actos para recibir a visita de Elena Ferro, a zoqueira de Merza, recoñecida polo seu traballo artesanal e pola tradición familiar dos zocos.