mércores, 31 de maio de 2017

MONSTROS.

Como xa vos contei nunha entrada anterior, con Anxo Fariña realizamos un obradoiro de monstros. Nós na aula viramos "Os magos das formas" e traballaramos unha das súas ilustracións. Mirade o que fixemos.
Montaxes realizadas con Pizap.
No obradoiro realizamos estes espeluznantes monstros.
E como non podía ser doutro xeito, sobre o monstro construímos unha historia.
Para rematar, mirade que agasallo máis bonito de parte de Anxo.
Montaxe realizada con Be Funky.
MOITAS GRAZAS,ANXO!!!

domingo, 28 de maio de 2017

SOMOS POETAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Nos meses de marzo e abril estivemos a voltas coa poesía.  Está presente na nosa aula todo o ano pero ,nesta ocasión, fomos nós os creadores dos versos. Comezamos escollendo tema e escribindo palabras relacionadas co mesmo, buscamos parellas de palabras que soasen parecido (que rimaran) e... a crear!!!
Este é o resultado.
Neste mes de maio, mes por excelencia das nosas Letras, celebrámolas con poesía pura.

mércores, 24 de maio de 2017

VISITOUNOS....

Montaxe realizada pola profe Vane.
Como prometín, cóntovos  a continuación a visita que tivemos no cole a semana pasada.
Anxo Fariña é un escritor , ilustrador e deseñador de libros infantís e xuvenís en galego. Conta no seu haber con máis de cincuenta títulos publicados. Para saber máis sobre el, premede na imaxe.
Estivo case todo o día no cole impartindo diferentes obradoiros. Aos alumnos/as de 1º, 2º e 3º tocounos.... "Creación de monstros".Primeiro falamos un pouquiño e ensinounos algúns trucos, deunos unhas premisas e xa pasamos á acción. Mirade como traballamos, profe incluída!!!
Saíronnos uns monstros ben chusquiños(prometo ensinalos noutra entrada coa actividade que fixemos con eles).
Quero mostrarvos, a continuación, como Anxo, a partir de dúas formas abstractas (debuxadas pola profe Rita e máis unha servidora) creou un estupendo monstro.
Montaxes realizadas con PiZap.
Queremos agradecer a Anxo o seu bo facer e a súa profesionalidade e cercanía con todos/as nós. Foi todo un pracer.
ATA A PRÓXIMA ANXO!!!

domingo, 21 de maio de 2017

CELEBRACIÓN DAS LETRAS.

Este ano celebramos as Letras Galegas un día antes, o 16 de maio. Durante toda a xornada realizamos obradoiros de ilustración a cargo de Anxo Fariña  e na última sesión da tarde, un sinxelo acto conxunto de todo o cole.
Todos traballamos nas aulas a figura de Carlos Casares, o autor deste ano, e tamén colaboramos para elaborar  a súa imaxe  coma se fose un crebacabezas.
Reunímonos no salón de actos e visionamos un estupendo vídeo sobre o escritor que realizaron os alumnos/as de 6º. A continuación, escoitamos unha adaptación de "A galiña azul" que leron varios alumnos/as de primaria. Da nosa aula tocoulle a Diego.
Por último, vimos outro vídeo, enmarcado dentro do proxecto "Iconos galegos polo mundo" dos nenos/as de 6º. Esta vez tocoulle á gaiteira Cristina Pato.
Mirade a nosa celebración.
(Os obradoiros, noutra entrada)

xoves, 18 de maio de 2017

CELEBRAMOS CON RETRASO.

Imaxe obtida en Historias da Manola.
Onte, 17 de maio, celebramos por todo o alto o Día das nosas Letras. Para non eclipsalas con outras celebracións, non fixen referencia a ningunha outra conmemoración, pero si se celebraban outros eventos. Céntrome en dous:
Imaxe obtida en zainduzaitez.com
Día Mundial da Reciclaxe, que ten como obxectivo concienciar á sociedade sobre a importancia do tratamento dos resíduos (para non contribuir ao cambio climático) e protexer o medio ambiente.
Deixovos o "Bura, Bura" dos Mininanais e Ecoembes para que practiquedes a reciclaxe e xuntos fagamos un mundo máis limpo e habitable.
Obtido no canal de Youtube de Mininanais.
Imaxe obtida en informacionimagenes.net
Tamén se celebrou onte o Día da Internet, que pretende dar a coñecer as posibilidades das novas tecnoloxías para mellorar o nivel de vida dos pobos e os seus cidadáns. É unha ferramenta extremadamente útil pero moi difícil de controlar na súa totalidade. Aquí van uns interesantes consellos a ter en conta cos nosos/vosos nenos e nenas.
Imaxe obtida en informacionimagenes.net
E como hoxe é o Día dos Museos, pechamos a entrada cunha visita ao Museo do Ratiño Pérez, que está en Madrid.