luns, 30 de xaneiro de 2017

PAZ 2017

Imaxe atopada na rede.
Deixovos unha recomendación de 10 libros infantís sobre o respecto , a empatía e a tolerancia; accións clave para conseguir a Paz. Atopeina  na páxina de Sapos y Princesas.
FELIZ DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA!!!

sábado, 28 de xaneiro de 2017

XOGOS DE LINGUA CASTELÁ E MATEMÁTICAS (IV).

Montaxe realizada con PiZap.
Voltamos cos repasos a través dos xogos. Despois non digades que non  se pode aprender xogando.
Lingua castelá.
-Con Bromera ediciones poñemos a proba a nosa ortografía g/j.
- Xogaremos agora cos adxectivos da man da Junta de Castilla y León.
Matemáticas.
- Este xogo é moi completo, xa que podemos traballar diferentes números segundo as súas cifras e tamén diversas operacións. Aparece na páxina ceiploreto.es
-Para rematar, que vos parecen uns problemiñas?Na páxina de SM ofrécennos estes.

xoves, 26 de xaneiro de 2017

RECURSOS PAZ 2017.

Imaxe obtida en dreamstime.com.
Estase achegando a data  na que nos coles celebramos o Día Escolar da  Non Violencia e a Paz. Aínda que  todos os día traballemos nesta liña de actuación unha data de festexo tampouco está mal.Por iso vos deixo unha compilación de recursos sobre o tema que espero vos sexan de utilidade.
Premede na imaxe para acceder.

luns, 23 de xaneiro de 2017

NIN ACOSES, NIN PERMITAS.

Imaxe atopada na rede.
O mércores pasado visitou o noso cole o sarxento da Garda Civil, Luis López Dapena do posto da Estrada. Veu a falarnos sobre o acoso escolar. Explicounos  que ten que ver con este fenómeno a violencia exercida sobre o máis débil de maneira repetida e sen causa aparente, pero tamén outras moitas condutas como: os insultos, os motes, rirse dalguén, non xogar con el, non falarlle, deixalo so,inventarse cousas falsas sobre el.....
O máis importante ante estas situacións é non consentilas. Se che pasan a ti, debes dicirllo a un adulto e se coñeces a alguén que lle pase, tamén debes comunicalo.
Para a súa explicación usou dou vídeos moi interesantes.
Obtido no canal de Youtube de Save the Children España.
Obtido no canal de Youtube de Gabriel Carrasco.
No blogue da nosa amiga Ana Martínez, Aula Tic, atopei este cómic e unhas actividades para traballalo. Pareceume ben interesante.
-A presentación é de María Sebastian White.
 

sábado, 21 de xaneiro de 2017

RECURSOS DE INVERNO 2017.

Imaxe atopada en Pixabay.com.
Xa fai varias semanas que comezou o inverno pero aínda estamos a tempo de colgar recursos para traballalo.
Quedarán á vosa disposición na pestana da dereita do blogue "Recursos catro estacións" ou se buscades na etiqueta "Recursos inverno".
Nesta ocasión vouvos recomendar a páxina Puzzlesonline.es, que nos ofrece moitísimos crebacabezas. Se premedes na imaxe levaravos aos de inverno.
No blogue, Recursos para docentes, de Yolanda hai unha webmix sobre o inverno espectacular. Botádelle un ollo que merece a pena!!!
Tamén esta canción de CantaJuego que se titula "Invierno".
Obtido no canal de Youtube de CantaJuego.
E para rematar, unhas risas garantidas polo pato Donald e os seus colegas Chip e Chop. Estes simpáticos esquíos están almacenando landras para pasar o inverno pero....conseguirán o seu obxectivo? Descubrídeo vós mesmos!!!
Obtido no canle de Youtube de DisneychannelES.