luns, 31 de marzo de 2014

COMO A VIDA MESMA (VIII).

Tal día coma hoxe (31 de marzo) pero do ano 1914, viña ao mundo na Cidade de México o escritor, poeta e Premio Nobel de Literatura(1990),Octavio Paz.Este autor está considerado un dos máis importantes da fala hispana e un dos poetas máis influíntes do século XX.
Na nosa sección queremos renderlle homenaxe,no centenario do seu nacemento, compartindo un dos seus poemas :"Niña".
Podedes comentar na entrada o que vos suxire a poesía. Para a reflexión deixovos unha frase do autor:
" Cada poema é único.En cada obra late, con maior ou menor grao, toda a poesía. Cada lector busca algo no poema e, non é insólito que o atope: xa o levaba dentro."

venres, 28 de marzo de 2014

HORA DE LER (III)

Mario e Sofía agasalláronos na "Hora de ler" cunhas  fábulas do conto"Una fábula para cada día" de Ediciones Susaeta. O libro é de Santi pero como el xa lera, cedeullo  gustosamente aos seus compañeiros.

A de Sofía titulábase "Los buenos amigos" e ensalzaba a amizade e a de Mario levaba por título "El egoísta" e falaba dun hipopótamo que non pensaba nos demais.

xoves, 27 de marzo de 2014

A VIDA É PURO TEATRO.

Imaxe extraída de http://historiadenuestroperuydelmundo.blogspot.com.es/

Desde o ano 1962  celebramos, a nivel mundial,  o  Día do Teatro (27 de marzo).
En 1948 creouse o Instituto Internaciomnal do Teatro(ITI) grazas a personalidades do mundo teatral e a UNESCO.
Nunha reunión anual deste Instituto, en 1961, o seu presidente Arvi Kivimaa propuxo que fora creado un Día mundial do Teatro. Foi así  como se elexiu a data mencionada no ano 1962 coincidindo coa apertura de tempada e inauguración do Teatro das Nacións de París. Desde entón,  cada 27 de marzo, nos teatros do mundo se programan actos e se le o manifesto  que cada ano redacta unha figura do gremio. Este ano tocoulle a Brett Bayley, dramaturgo sudafricano. Os representantes españois foron: Antonio Gala, escritor, en 1987 e Federico Mayor , ex director da Unesco, en 1991.
Imaxe extraída de htttp://kh7.es//

Con esta preciosa frase  de Federico García Lorca  invoco ás Musas, Thalía e Melpómene, para que nos guíen  entre a comedia e traxedia vital que nos toque vivir, para  que nos presten as súas máscaras se fose menester e nos asistan regalándonos feiticeiras obras teatrais que enchan o noso lecer.
VIVA O TEATRO!!!

Se premes soobre a imaxe accederás a unha escolma de teatro infantil e xuvenil.

mércores, 26 de marzo de 2014

ENTREVÍSTOTE?

Hai uns días falamos da Semana da Prensa e das actividades que fomos realizando  para tal celebración (aínda están sen subir pero todo  se andará).Tamén comentamos que íamos a converternos en ávidos entrevistadores e na tarefa estamos. Aquí vos deixo unha pequena guía (do que xa falamos en clase) para axudarvos a preparar a vosa entrevista.
Por se é do interese dalguén colgo o cuestionario que uilizamos para axudarnos a elexir a persoa que queremos entrevistar.

luns, 24 de marzo de 2014

COMO A VIDA MESMA(VII)

Hoxe , en "Como a vida mesma", volvemos a tirar dun texto que chegou á aula da man de Santi, enviado pola súa nai , Lola. Resulta moi interesante para a lectura e reflexión porque ás veces deixámonos levar polo que nos contan e queremos transmitilo sen pensar nas consecuencias ou en se realmente é útil. 
Grazas Lola, por colaborar con nós. Calquera que queira facernos chegar "cousiñas" interesantes para a sección serán benvidas.