venres, 3 de agosto de 2012

BOAS VACACIÓNS.

Fixemos ao longo deste curso moitas cousiñas máis pero non todo se puido mostrar.
Chega o momento do descanso e que mellor maneira de aproveitalo que propoñéndovos unhas animadas lecturas para o tempo de lecer.
Disfrutade e lede, gozade e vivide, en definitiva; aprendede.
FELIZ VERÁN E BLOGUEAMOS EN SETEMBRO!!!

mércores, 1 de agosto de 2012

martes, 31 de xullo de 2012

PONTES DO RÍO LÉREZ.


Quería agradecervos a todos e todas a vosa participación na inauguración da exposición que sobre Forcarei fixemos no Concello. Está visto que os traballos colaborativos funcionan.
Deixovos  aquí o que sobre as pontes traballamos: un pps coas fotos tan bonitas que fixeron os meus nenos/as e (na seguinte entrada) as creacións artísticas que realizaron sobre un poema de Xosé Otero Espasandín.
Que vos guste moito!


luns, 30 de xullo de 2012

NOVOS XOGOS.

Que tal vai o verán, meus perelliños?Seguro que estades disfrutando a tope  do tempo de lecer. A fada Perella  deixouvos uns divertimentos  novos en "O nosos xogos",  por  se vos apetece bloguear.
Por certo, se queredes saber o significado do que acabo de chamarvos, xa sabedes...... diccionario!!!
 Non vos apuredes, tédelos no blogue.

mércores, 25 de xullo de 2012

PROXECTO FABA.

Alguén me pode dicir como está a súa faba? Contémoslle a todo o mundo o que fixemos este curso.