sábado, 23 de marzo de 2019

OUTRA DE CELEBRACIÓNS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa falamos  dunhas cantas festas o outro día, pero aínda hai máis.
-Día Mundial da Narración Oral.
Imaxe atopada na páxina Tercera vía
O 20 de marzo celebramos esta tradición ancestral, que todos practicamos algunha vez e a practicaron con nós tamén. Algo tan marabilloso como que che conten historias non se debería perder. Por iso, na páxina de Loqueleo de Santillana, aparecen os dereitos dos nenos/as  escoitar contos. A ver que vos parecen!
Obtido na páxina do Facebookde Loqueleo Santillana
- Día Internacional dos bosques.
Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa estudamos todas  as cousas importantes que nos poden proporcionar as plantas, moitas delas precisámolas para vivir. O 21 de marzo pousamos a vista nos bosques para poñer en valor todo o que nos ofrecen. A FAO (Food and Agriculture Organization) ou o que é o mesmo, a organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, preséntannos este precioso vídeo.
Obtido no canal de Youtube Food and Agriculture Organization
-Día Mundial da Auga.
Imaxe atopada en Pixabay.com
O 22 de marzo tócalle o turno a auga, que tanto necesitamos e que deberiamos coidar un pouco máis. Na páxina das Nacións Unidas tedes información sobre o obxectivo deste ano.
Para ver as entradas doutros anos, premeda aquí.
FELICES CELEBRACIÓNS!!

xoves, 21 de marzo de 2019

CELEBRACIÓNS VARIAS.

Imaxe atopada en Pixabay. com
Debe ser que xa chegou a primavera e as gañas de festa mutiplícanse. Por iso, o 21 de marzo, aglomera unha cantidade importante de conmemoracións. Imos por partes:
- Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.
Cartel atopado na páxina do Concello de Motril
Un  problema este que segue vixente en pleno século XXI. A discriminación racial e étnica é un fenómeno cotiá que abrangue dende  a negación dos principios básicos de igualdade das persoas  ata o convencemento de que unha raza debe ser perseguida. Se clicades no cartel, iredes á páxina ds Nacións Unidas con información sobre o tema.
- Día Mundial do Sídrome de Down.
Lema do ano 2019
Este ano, baixo o lema #A sorte de terte, Dawn España pretende sensibilizar á sociedade e potenciar a inclusión  deste colectivo.  Creo que o vídeo é moi claro e reflicte á perfección o que pretende a campaña.

Obtido no canal de Youtube Down España
-Día Mundial da Poesía.
Imaxe atopada en Pixabay. com
A poesía que nos conmove ou irrita, nos adormece ou nos axita é un xénero pouco visible.Por iso temos un día para ela, para promovela  e gozala o resto da vida. Déixovos uns recursos para a aula (Valen para todo o ano!) da páxina Educación 3.0.
E para rematar un agasallo.
Noutra entrada, máis.
FELICES CELEBRACIÓNS!!!

martes, 19 de marzo de 2019

PAPÁ.

Imaxe de  freepik.com
Nun día tan especial, anímovos a pasar tempo cos vosos papás, a dicirlles que os queredes e a achuchalos ata cansarvos. Un debuxo, unha manualidade ou unha aperta sentida son agasallos moi importantes para eles. Xa sabedes, facer feliz a un pai non é nada complicado!
Atopei estas recomendacións lectoras de libros sobre papás e para papás. A ver que vos parecen!
Para festexar este día , compártovos o conto titulado "Te quiero, papá" de Melanie Joyce. Eu tamén quero ao meu papá pero teño que conformarme con mandarlle moito amor e sentir o seu. Quérote, papá!
Obtido na páxina de Youtube A jugar
Podedes ver outras entradas deste día , aquí.
FELIZ DÍA!!!

domingo, 17 de marzo de 2019

CITA A CEGAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Tranquilo/as, o título non está equivocado!! Correspóndese cunha das primeiras actividades que fixemos na biblio desde que abriu : "Cita a cegas cun libro". Os profes escollemos libros que nos pareceu que lle podían gustar aos nosos nenos/as, coa axuda do alumnado de 6º de primaria empaquetámolos e escribímoslle  unha pista sobre o seu contido. Unha vez na biblioteca, cada un escolleu o seu libro guiándose polo atractivo da frase e levouno para a súa casa. Polo que contaron uns días despois, houbo pleno de frechazos. Que ben!!!
(As fotos son de profesinal, como podedes observar facía sol e tiñamos a persiana  a medio baixar. Évos o que hai!)
Tamén recibimos uns pasaportes para ir anotando os libros que imos lendo e que nos selarán cada vez que devolvamos unha  lectura.
Montaxes realizadas con Pizap

xoves, 14 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019.

Non poderiamos falar dunha celebración como é debido sen facer unha crónica sobre ela. Non si? Cada un interpretou o que había que facer dunha maneira distinta, polo que uns, contaron a festa do cole e outros, o Entroido na casa. Na variedade está o gusto! Déixovos os escritos e unha montaxe para que vexades o guapos que ían todos/as.

Montaxe realizada con PiZap