sábado, 23 de decembro de 2017

O NOSO FESTIVAL.

Imaxe atopada en Pixabay.com
 O mércores pasado celebramos o festival no cole. Foron moitos nervios e preparativos para que todo saise á perfección. Tal vez non foi perfecto, pero puxémoslle moita intención.
Os alumnos/as de 1º interpretaron unha panxoliña en castelán titulada "Villancico del Polo Norte", que ensaiaron co profe Toño. A profe encargouse , xunto coas familias , do vestiario.
No canal de Youtube de Anabel García.
Ese día tamén pasamos polo estupendo "Photocall" que montaron no salón de actos. Observade que guapetes saímos.
E tamén fixemos unha sesión fotográfica na aula.
Montaxes realizadas con Pizap.

venres, 22 de decembro de 2017

ESPERADA VISITA.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Este ano a cousa estivo difícil pero grazas ás intensas xestións da ANPA, puidemos gozar da visita de Papá Noel. Chegou despois do recreo co seu saco cargadiño de agasallos e fíxose fotos con todos nós.
Mirade, mirade!!!
Nós xa tiñamos as nosas cartas preparadas. Cada un escolleu libremente a quen lle quería escribir. E saiu un empate : 5  aos Reis Magos e 5 a Papá Noel. A idea do sobre déunola a profe Susana ( e ata nos recortou os corniños); a dos Reis... improvisación da profe!! (As plantillas das cartas están en dibujos.net)
A ver que vos parecen!!!
Montaxes realizadas con Pizap.
GRAZAS , PROFE SUSANA!!!

martes, 19 de decembro de 2017

CALENDARIO DE ADVENTO.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Este ano o noso calendario de advento sacámolo do blogue da nosa amiga Blanca B, Actidades para Educacióin Infantil, que sempre publica unhas actividades estupendas. Nesta ocasión, cada día ven representado por un reno.  Premede aquí para ver a entrada. Sacou a idea de Krokotac , que é unha páxina con manualidades xeniais. Mirade como nos quedou a nós!
Cada día, liamos o que nos tocaba facer , como un abrazo colectivo de aula, portarse ben no comedor, saudar cun sorriso, consolar a un compañeiro/a triste ou facer un agasallo manual para mamá. Despois, no noso calendario persoal tiñamos que apuntar o día e colorear o que  iamos facendo. Aínda nos quedan uns días!!
Montaxes realizadas con Pizap.

sábado, 16 de decembro de 2017

SAÍDA A PONTEVEDRA.

Imaxe do espectáculo.
Finalizando o mes pasado, fixemos unha saída a Pontevedra para asistir a unha obra musical na sede da Fundación Abanca.
O conxunto Odaiko Percussion Group fixo as delicias de nenos/as e mestres coa súa obra "Circopeta", baseada no clown e os instrumentos cotiás.
Mirade que ben o pasamos!
Montaxe realizada con PiZap.

mércores, 13 de decembro de 2017

DONA CASTAÑA.

Recordades que polo Magosto nos fomos á aula dos amigos/as de 3 e 4 anos? Pois hoxe ensínovos a manualidade que alí realizaron os meus nenos/as coa profe Vane. Trátase da Señora Castaña. Con dúas castañas, plastilina, palillos e lá, sae esta figuriña tan graciosa.
Agora mirade como as crearon e como lles quedaron.
Montaxes realizadas con PiZap.
GRAZAS, PROFE VANE!!!