mércores, 8 de xuño de 2016

COMEZA A AGROMAR.

Imaxe obtida en pixabay.com
Todo esforzo ten a súa recompensa!!! Plantamos, coidamos , regamos e....as plantas comezan a agromar!!!
Non vos contamos que, ao mesmo tempo que sementamos os chícharos na terra, tamén o dixemos en algodón, para poder ver o que pasaba.
Primeiro colocamos algodón nun prato de plástico. 
Despois regamos con auga e colocamos os chícharos.
Por último, tapámolos con algodón.
Aquí tedes o resultado.
Montaxes realizadas con PiZap.
E os nosos chícharos na terra.

domingo, 5 de xuño de 2016

DÍA DO MEDIO AMBIENTE.

Imaxe obtida en imagenesactual.com

Aínda que todos  os días  nos preocupemos de coidar o medio natural que nos rodea, o día 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente para sensibilizar ao mundo da importancia deste tema.Debe ser que non temos moi claro o que hai que facer porque a cousa non vai de todo ben. Para tratar de mellorar no posible  aí vos van uns conselliños para poñer en práctica canto antes.
Atopado no canal de Youtube aula2punto0
Agora un pouco de material para desenvolver sobre o tema.
No INTEF  sempre hai recursos interesantes.
No blogue da nosa amiga Blanca B,Actividades para Educación Infantil, podemos ver este libro de actividades que tal vos interesen.
E agora un xogos  da páxina Discovery Kids.

FELIZ DÍA!!!

venres, 3 de xuño de 2016

HORA DE LER (IX)

Portada do libro.
A última  das recomendación do meus nenos e nenas chega da man de Candela e trátase de "Gatiño e a neve" de Joel Franz Rosell. Esta historia da editorial Kalandraka e ilustrada por Constanze v. Kitzing fálanos da neve , do inverno e da amizade por riba de todo.
Montaxe creada con PiZap.
E para pechar a nosa entrada compártovos un conto dun gatiño moi desodenado e un pouco sabichón que non lle fai caso a súa mamá. Que pensades que pasará? Poderedes descubrilo a continuacuión.
Obtido no Canal de Youtube AMEIcuentosanimados.

mércores, 1 de xuño de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(X)

Montaxe realizada con PiZap.

Xa vos contamos como nos foi na nosa andaina polo Reino Unido e agora toca poñer rumbo a outro marabilloso país... EXIPTO!!!
Sempre comezamos analizando as ideas previas que temos sobre o tema e plasmándoas en papel para, a continuación, pensar nas cousas que nos interesaría saber.
 Aquí podedes ver como o realizamos  e como quedou o noso traballo.











E así se ve  o noso rincón exipcio.

luns, 30 de maio de 2016

VOLVE O PASADO.


Queridos alumnos/as de 6º:
Chegou o mes de xuño e con el, o ansiado fin de curso.Un  curso este que  representa o final de moitas cousas, entre elas, a etapa de educación primaria. Marcharedes ao instituto deixando atrás o cole, os profes e un sinfín de actividades e  xogos que vos acompañaron ao longo dos anos. Atrás quedarán as investigacións  de biblioteca, as exposicións de traballos, as probas, as clases,os bailes,as actuacións, os vídeos, as excursións....tantas e tantas cousas que marcaron a vosa nenez e que teredes que despedir.
Toda despedida da paso a algo novo,  a unha renovación do ser e do vivir, que é innata ao ser humano.Por iso debemos estar preparados  e debemos pechar as etapas como se merecen. Sabedes que comigo tedes pendente unha cápsula do tempo enterrada  a finais de 2º (xuño de 2012) e que está desexando  que a abramos.Pero tamén sabedes que sempre cumpro co que prometo  esixindo a mesma rigurosidade por parte do outro. Así vos fago saber que, ansío formalizar o noso trato, sempre e cando a vosa parte estea cumprida. Escribistes todos/as na entrada creada ao efecto o ano pasado  como prometestes ao asinar o noso contrato?
Recordade que somos un equipo para sempre, aínda que a vida nos leve por diferentes camiños, estamos unidos para a eternidade.
Esta é a primeira condición que ten que estar cumprida para seguir adiante co pacto establecido. Para facilitarvos o traballo deixovos o enlace á entrada por se alguén aínda non escribiu.
Premede na imaxe para acceder.

Teredes novas miñas. Permanecede atentos!!!