domingo, 17 de abril de 2016

PUNTUANDO: DIEGO E O ESPAZO.

Montaxe realizada con PiZap.

O noso protagonista de hoxe é Diego. Xa vos contara que chegara aos 20 puntos canda Fran pero entre eles decidiran que el iría no segundo lugar. Pois xa chegou o día e tócanos falar do espazo.


Comezaremos cun interesante vídeo sobre o Sistema Solar, para seguir falando da Terra e tamén da Lúa.


Obtidos no Canal de Youtube  de Happy learning.
E agora cantaremos unha canción sobre os planetas.
Obtido no Canal de Youtube VIDEOYCINE.
Queredes xogar a ordenar os planetas? O noso amigo Doki proponvos un xogo.
Aquí queda un teatriño precioso e unha actividades moi divertidas.

venres, 15 de abril de 2016

VOZ NATURA-ECO HORTO.

Logo.

Este ano volvemos a participar no proxecto Voz Natura, un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa terra.

Ademáis do nosos puntos de reciclaxe  nas aulas, patios e cociña (que seguimos mantendo desde o ano pasado), este curso quixemos plantar enfocándonos á reutilización de materiais. Como o tempo non acompaña nada, comezamos con calma.
Nunha primeira fase, os neno/as de 1º  atrevémonos cunhas leitugas e uns chícharos que plantamos en garrafas, regamos coa nosa botella- regadeira e creamos un "recuperador de auga"(que deixamos funcionado na fin de semana. A ver se hai sorte!!!).

Montaxes realizadas con Pizap.
Seguiremos informando!!!

mércores, 13 de abril de 2016

HORA DE LER (VII)

Imaxe obtida en todocoleccion.net

Para este trimestre na "Hora de Ler" quédannos tres libros  que trouxeron os nenos/as á aula. Aquí vai o primeiro.
Diego quixo sorprendernos cun libro de animaliños titulado "Animalitos del bosque y la granja". Como trae varias historias, decidiuse a lernos "Flori,el pequeño zorro".Este intrépido animal vive moitas aventuras cando sae de paseo. Se queredes coñecelas non tendes máis que ler o libro.
Montaxe realizada con PiZap.

É bastante difícil  atopar a historia en Youtube pero ofrézovos o conto "Mi día de suerte" que tamén fala dun raposo e un porquiño. 
Qué vos guste!!!
Obtido no canal  de Youtube El canal de los peques.

luns, 11 de abril de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(VII)(UMM,QUE RICO(II))

Montaxe realizada con PiZap.

Tivemos a sorte de que á nosa aula chegara un paquete cheo de sorpresas. Enviábanolo a profe Vane, sabedora do proxecto no que estabamos inmersos.
Nesa caixa viñan seis clases de té e un estoxo de pastas para acompañar. Así é que tivemos que probar todas as variedades e cubrir un cuestionario sobre  as mesmas.
A profe Anabel tamén contribuiu facendo unhas pastas de té pero esas nas comparamos.

sábado, 9 de abril de 2016

PUNTUANDO: FRAN E O AXEDREZ.

Montaxe realizada con PiZap.

Xa conseguiron 20 puntos Fran e Diego pero falaron entre os dous e decidiron que a entrada de Fran iría primeiro. O tema escollido por Francisco foi o axedrez, que é realmente interesante.
Comezo logo co post esperando que sexa do teu agrado.

Para ter unha idea do que estamos falando imos ver un  conto que nos narra a orixe do xogo.
Canal de Youtube ESNAJ
Agora vexamos cales son as regras do xogo: Na páxina  www.actiludis.com  aparecen unhas estupendas fichas cos movementos de todas as pezas. Podedes acceder clicando nas imaxes e descargarlas unha vez no sitio web.
O peón e a torre.
O alfil e o cabalo.
A raíña e o rei.
Tamén aparece alí un manual interesantísimo para aproximarnos ao xogo.
Mirade que pezas máis simpáticas atopei na rede para facer o voso propio axedrez.

A nosa amiga Blanca Lafarga ten un taboleiro Pinterest con moitas cousiñas interesantes. Premede aquí para chegar a el.
E para rematar unha canción sobre o tema.

Canal de Youtube ESNAJ