Logo.
Este ano volvemos a participar no proxecto Voz Natura, un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa terra.
Ademáis do nosos puntos de reciclaxe nas aulas, patios e cociña (que seguimos mantendo desde o ano pasado), este curso quixemos plantar enfocándonos á reutilización de materiais. Como o tempo non acompaña nada, comezamos con calma.
Nunha primeira fase, os neno/as de 1º atrevémonos cunhas leitugas e uns chícharos que plantamos en garrafas, regamos coa nosa botella- regadeira e creamos un "recuperador de auga"(que deixamos funcionado na fin de semana. A ver se hai sorte!!!).
Montaxes realizadas con Pizap.
Seguiremos informando!!!