O martes 10, véspera do San Martiño, celebramos no cole unha tarde de xogos e magosto.Comezamos colocándonos os nosos colgantes-castaña que fixeramos na aula e dirixímonos ao patio para ver que xogos nos tocaban este ano.Repetimos a carreira coa castaña na culler porque é unha das actividades que máis nos gustan. Fixémolo por clases (da nosa gañou Cris) e unha última rolda cos gañadores de todos os cursos. Despois, tocou poñerse en roda e pasar a castaña con música. Cando a música deixa de soar, perde o que ten o froito na man. Tamén fixemos unha quenda con todos os gañadores e a vencedora foi....Beatriz!!! Si, si, a nosa Beatriz.
Tomamos as castañas, que asara moi ben o profe Javi coa axuda do profe Julio, e tivemos que baixalas bailando coa música que pinchaba o profe Toño.
Foi unha tarde estupenda!!!
Montaxe realizada con BeFunky.







