O martes 10, véspera do San Martiño, celebramos no cole unha tarde de xogos e magosto.Comezamos colocándonos os nosos colgantes-castaña que fixeramos na aula e dirixímonos ao patio para ver que xogos nos tocaban este ano.Repetimos a carreira coa castaña na culler porque é unha das actividades que máis nos gustan. Fixémolo por clases (da nosa gañou Cris) e unha última rolda cos gañadores de todos os cursos. Despois, tocou poñerse en roda e pasar a castaña con música. Cando a música deixa de soar, perde o que ten o froito na man. Tamén fixemos unha quenda con todos os gañadores e a vencedora foi....Beatriz!!! Si, si, a nosa Beatriz.
Tomamos as castañas, que asara moi ben o profe Javi coa axuda do profe Julio, e tivemos que baixalas bailando coa música que pinchaba o profe Toño.
Foi unha tarde estupenda!!!
Montaxe realizada con BeFunky.
Qué ricas las castañas asadas!!! Sin duda que debió de ser una gran fiesta y parece que os lo pasasteis genial, no?
ResponderEliminarUn abrazo.
Pues si, Isabel, fue una tarde muy divertida . Además, a casi todos, les gustan las castañas.
EliminarUn beso.
Seguro que estaban todas boísimas. Vese que ademais disfrutaron moitísimo, non si? Unha gran aperta.
ResponderEliminarEstaban ben boas, si. Ademais este ano foi traer as castañas e facer o magosto(non houbo que pospoñer por mor do mal tempo) e así estaban todiñas sans.
EliminarBiquiños.
Una pena no estar cerca para bailar y comer castañas.
ResponderEliminarUn besico.
Pues si, Blanca, una pena no contar contigo en la fiesta.
EliminarBicos.