luns, 8 de decembro de 2014
COMO A VIDA MESMA (VI)(2014-2015).
domingo, 7 de decembro de 2014
CAEN AS FOLLAS.
Desde a Biblioteca Escolar do noso centro propuxéronnos realizar unha decoración de outono tendo como base unha folla de cartulina. Mirade o que veu das casas dos nenos/as , que boa man teñen estas familias. Aquí queda unha presentación coas follas de 4º , pero non me puiden resistir a subir algunha foto doutros cursos porque merecen moito a pena.
venres, 5 de decembro de 2014
E PERELLA CONTESTOU.
Estivemos moi atentos estes días para ver se Perella atopaba un oco entre as súas múltiples actividades e contestaba ás cartas enviadas. E así foi, enviou dúas misivas; unha para Ana, que veu no sobre dos nenos/as de 4º (esta Perella é moi aforrativa, jejeje) e outra para a nosa compi, Diana (que tamén lle escribira).Alegrámonos moito de ter novas súas ; pediu máis ideas, pero polo de agora estamos á espera.
mércores, 3 de decembro de 2014
DISCAPACIDADE=IGUALDADE.
Imaxe obtida na rede.
O día 3 de decembro celebramos o Día Mundial das persoas con Discapacidade co obxectivo de chamar a atención e movilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión destas persoas na sociedade. O tema de 2014 é "O desenvolvemento sostible: a promesa da tecnoloxía".
Na súa mensaxe o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, ínstanos a que " fagamos todo o necesario para asegurar que as políticas, os programas, as directrices e as tecnoloxías do século XXI estean ao alcance das persoas con discapacidade e teñan en conta as súas perspectivas e experiencias."
Todos temos calidades excepcionais e todos necesitamos axuda en ocasións. Non somos tan diferentes, non cres?
luns, 1 de decembro de 2014
COMO A VIDA MESMA (V) (2014-2015)
Hoxe é o Día Mundial da Loita contra a Sida e quero facer mención diso na nosa sección, xa que é unha enfermidade epidémica que existe no mundo e cobra moitas vidas.
Interésame ,fundamentalmente, que reflexionedes sobre a frase do cartel (non se refire só á sida) senon ao estado de saúde que pode ter calquera persoa. Non discriminemos por razón de raza, sexo, relixión, ideoloxía... pero tampouco demos de lado a alguén que está enfermo.
A maioría das enfermidades non se escollen, e se foses ti?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



.jpg)