luns, 8 de decembro de 2014

COMO A VIDA MESMA (VI)(2014-2015).

Hoxe en "Como a vida mesma" quero mostrarvos este vídeo que publicou Edward Pérez en Youtube.
Cando me enfado por todas as cousas que vexo que están mal ao meu arredor sempre hai alguén que me di: "Ti soa non podes cambiar o mundo". Iso provoca moita rabia e frustración, pero debemos trocar o enfoque.As pequenas accións son transformadoras do entorno; é aí onde se produce  a variación.
E ti,  que fas para  cambiar o mundo?

domingo, 7 de decembro de 2014

CAEN AS FOLLAS.

Desde a Biblioteca Escolar do noso centro propuxéronnos realizar unha decoración de outono  tendo como base unha folla de cartulina. Mirade o que veu das casas dos  nenos/as , que boa man teñen estas familias. Aquí  queda unha presentación coas  follas de 4º , pero non me puiden resistir a subir algunha foto doutros cursos porque merecen moito a pena.



venres, 5 de decembro de 2014

E PERELLA CONTESTOU.

Estivemos moi atentos estes días para ver se Perella atopaba un oco entre as súas múltiples actividades e contestaba ás cartas enviadas. E así foi, enviou dúas  misivas; unha para Ana, que veu no sobre dos nenos/as de 4º (esta Perella é moi aforrativa, jejeje) e outra para a nosa compi, Diana (que tamén lle escribira).Alegrámonos moito de ter novas súas ;  pediu máis ideas, pero polo de agora estamos á espera.

mércores, 3 de decembro de 2014

DISCAPACIDADE=IGUALDADE.

Imaxe obtida na rede.

O día 3 de decembro celebramos o Día Mundial das persoas con Discapacidade co obxectivo de chamar a atención e movilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión destas persoas na sociedade. O tema de 2014 é "O desenvolvemento sostible: a promesa da tecnoloxía".
Na súa mensaxe o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, ínstanos a que " fagamos todo o necesario para asegurar que as políticas, os programas, as directrices e as tecnoloxías do século XXI estean ao alcance das persoas con discapacidade e teñan en conta as súas perspectivas e experiencias."
Todos temos calidades excepcionais e todos necesitamos axuda en ocasións. Non somos tan diferentes, non cres?
VÍDEO canción El canto del loco “Tal como eres “

luns, 1 de decembro de 2014

COMO A VIDA MESMA (V) (2014-2015)


Hoxe é o Día Mundial da Loita contra a Sida e quero facer mención diso na nosa sección, xa que é unha enfermidade epidémica que existe  no mundo e cobra moitas vidas. 
Interésame ,fundamentalmente, que reflexionedes sobre a frase do cartel (non se refire só á sida) senon ao estado de saúde que pode ter calquera persoa. Non discriminemos  por  razón de raza, sexo, relixión, ideoloxía... pero tampouco demos de lado a alguén que está enfermo. 
A maioría das enfermidades non se escollen, e se foses ti?