mércores, 7 de maio de 2014

HORA DE LER

O outro día tocoulle ler a Lorena e fíxoo no libro de Mario, "Seres fantásticos" de Susaeta ediciones. Nesta ocasión limos o apartado das fadas pero teremos que seguir lendo porque  estas historia nos resultan apaixonantes.
 Eva fixo o propio cun libro que nos trouxo Sabela titulado "Dichos y refranes infantiles" da editorial Servilibro. Tamén nos entusiasmou!!!

luns, 5 de maio de 2014

COMO A VIDA MESMA (XIII)

Nestes tempos que corren, nos que o máis importante é a aparencia, o que posúes  de maneira material, conquistar o éxito pisando a quen sexa e xogarlla  ao tempo para ser eternamente xoven; traiovos esta esclarecedora fábula que atopei no blogue "Paraje de historias".Tal vez cando a leades poidades ver algo máis alá do que nos están marcando sociedade, medios de comunicación e publicidade.
Non vos conto nada máis, ide reflexionando porque a utilizarei para os próximos puntos.

domingo, 4 de maio de 2014

FELIZ DÍA.


Para celebrar este día tan especial, quero deixarvos un pouco de humor. O sorriso é un dos mellores agasallos para o espíritu.
FELIZ DÍA A TODAS!!!!
En especial á miña , que me aguanta e me soporta incondicionalmente; que me ensina e me reprende coma se fose pequena e que , sobre todo, me quere e me protexe.
GRAZAS , MAMÁ!!!!

sábado, 3 de maio de 2014

LIBERDADE DE PRENSA.


Creo que é evidente a miña querencia polas efemérides que considero interesantes e aínda que non podemos chegar a todas, polo menos ir sinalando algunhas que merecen a pena.
 O 3 de maio celebramos o Día da Liberdade de Prensa, xa que en 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, proclamou este día coa idea de "fomentar a liberdade de prensa no mundo ao recoñecer  que unha prensa libre,pluralista e independente é un compoñente esencial nunha sociedade democrática" .A data recorda a instauración de Declaración de Windhoek sobre a liberdade do exercicio do xornalismo.
 Para conmemorar este día, aquí vos deixo outra xugosa entrevista. Queredes saber de quen se trata? Lede, lede.

xoves, 1 de maio de 2014

OUTRA DE PUNTOS.

Estes novos 5 puntiños van ser un pouco especiais. Teredes que xogar ao Quiz escollendo unha resposta para cada pregunta e despois, para evitar rexistros innecesarios,  entregarédesme as respostas por escrito. É bastante fácil. Recordade que tedes dúas entradas no blogue con información ao respecto e podedes consultalas para obter o mellor resultado. A data de entrega será o venres 9 de maio.