domingo, 9 de novembro de 2014

O MURO DA VERGOÑA. (PUNTOS)

Doodle de Google para celebrar a caída do Muro de Berlín.
Fai hoxe 25 anos caía un muro que separaba un país, que partiu ás súas xentes e  segregou os seus sentimentos. Para celebrar ese derrubamento que vos parecen uns puntiños? Aí van:

-Cando  comezou a construírse o Muro de Berlín?
-Cal era o nome das dúas Alemanias creadas co Muro?
-Por que se construiu?
-Cando foi derrubado?
-Existe algún fragmento de muro no noso país? Onde pode verse?
 Para axudarvos un pouco nas vosa pesquisas , deixovos unha presentación de Practicopedia.
A entrega das respostas terá como data límite o próximo luns, 17 de novembro. Ánimo chicos/as!!!

2 comentarios:

  1. Seguro que todos o farán moi ben, Anabel. Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Iso espero, Ana. Polo de agora van bastante ben.Boa semana. Biquiños.

    ResponderEliminar