luns, 10 de novembro de 2014

COMO A VIDA MESMA(II)(2014-2015)

Onte conmemoramos o 25 aniversario  da caída do Muro de Berlín e hoxe, á nosa sección, chegan os Scorpions coa súa mítica canción "Wind of change" (Vento de cambio). 
Os Scorpions son unha banda alemana de hard rock e heavy metal  fundada en Hannover en 1965, sendo a primeira banda de hard rock nacida nese país. A canción que vos traio hoxe publicouse pouco despois da caída do Muro e , aínda que se compuxo con anterioridade.... sería premonitoria?

O estribillo di,  máis ou menos, o seguinte:
Lévame á maxia do momento
nunha noite de gloria
onde os nenos do mañá soñan
co vento de cambio.
Non sería estupendo, que nunha noite gloriosa e máxica, puidesemos soñar con ventos de cambio?

3 comentarios:

  1. Sería fantástico, Anabel. Fannos falta moitos ventos de cambio. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Pois sopremos xuntos, Ana; tal vez consigamos bos efectos. Biquiños.

    ResponderEliminar
  3. ¡GO¡ que cousas fai a xente

    ResponderEliminar