venres, 7 de novembro de 2014

E AS VERBAS FORON CIENCIA...

O luns, día 3 de novembro, celebrouse o Día da Ciencia en Galego e desde o Instituto "Chano Piñeiro" , invitáronnos a participar nuns obradoiros  para celebrarlo.Como somos moi aventureiros e non lle temos medo a nada aceptamos o reto encantados. Cando chegamos ao salón de actos recibiunos o profe Anxo, que nos deu a benvida e nos distribuiu en grupos para experimentar nos diferentes rincóns creados para a ocasión.
Comezamos medindo as nosas reaccións de resposta ante o son e a luz dun láser,seguimos coa banda de Möbius e a súa maxia para conseguir  unha soa cara e un so borde e continuamos con medidores de Ph, chuvias ácidas e globos que se inflan sos misturando bicarbonato e vinagre.

O cuarto obradoiro tiña como  como eixe a natureza: esporas nun microscopio, un zapateiro  de río, o ph desa auga... E rematamos con ondas sonoras e un concerto moi especial feito con copas e auga.
Moitas grazas profe Anxo por invitarnos, chicos/as do instituto por  ensinarnos tantas cousas interesantes e, grazas tamén , a todos/as os que fixestes posible este acontecemento.
Foi un pracer!!!

6 comentarios:

  1. Que ben o pasaron de tantas cousas que viron ,o chegar a casa non sabían por donde empezar a contar todo o que viron estaban super nerviosos. un saludo profe .Mary-luz

    ResponderEliminar
  2. Que ben o pasáchedes e canto disfrutáchedes! Seguro que estuveron moi atentiños e que aprenderon moitísimo. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. O certo é que foi unha experiencia moi enriquecedora e eles pasárono moi ben. Un saudiño, Mary Luz.

    ResponderEliminar
  4. Foi xenial, Ana. Agora reflexarán o aprendido nunhas crónicas. Un bico.

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas pola parte que me toca e no nome de todos @s implicad@s!

    Só con ver o agradecidos que son os vosos nenos e nenas e as súas caras de satisfacción, xa pagou a pena a experiencia.
    Pola miña parte vémonos no curso que vén no Día da Ciencia en galego! ;)
    Bicos
    Anxo

    ResponderEliminar
  6. Reitemos as grazas e recollemos a invitación con ledicia.
    De todas maneiras agardamos novas colaboracións antes do vindeiro curso.
    Bicos.

    ResponderEliminar