xoves, 29 de setembro de 2022

QUE TEMPO VAI?

Imaxe de mohamed Hassan en Pixabay.com
Voltamos con investigacións ineresantes. Desta vez tocoulle ao tempo e ás frontes atmosféricas. Déixovos cousiñas por se vos serven para o traballo.

martes, 27 de setembro de 2022

RECORDAMOS AS VACACIÓNS.

Imaxe de Ralf Kunze en Pixabay.com
Aínda non rematara o verán e xa o botamos de menos; máis ben a as vacacións, que tanto nos prestaron para descansar do curso pasado. Facéndolle unha homenaxe a ese tempo de lecer marabilloso elaboramos as nosas redaccións sobre o tema.

mércores, 21 de setembro de 2022

UN PASEO POLAS NUBES.

Imaxe de Demetros en Pixabay.com
Vós non tendes que facer unha investigación sobre o que son as nubes e os seus tipos? 
Se vos parece, bótovos unha manciña. Aquí vos deixo algo de información para facilitarvos a tarefa.

xoves, 15 de setembro de 2022

PRIMEIRO DÍA (II).

Imaxe da nova aula de 4º
 O ano anterior buscamos asento mediante un croquis da aula e este tocounos buscar os nosos sitios a través de pistas espalladas por toda a clase. Ao principio, foi un pouco raro pero tan pronto como collemos a dinámica todo foi rodado. Ollade como o fixemos.

xoves, 8 de setembro de 2022

PRIMEIRO DÍA.

Imaxe da nova aula de 4º
Agora si que si! Por fin empezamos un curso como os de antes da pandemia.